Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un concerto transgresor para lembrar a Xela Arias

Un intre da actuación Ricardo Grobas

Un espectáculo para todas as idades e profundamente ligado a unha das características que definen o ADN de Xela Arias: trangresor. Así foi o concerto institucional polo Día das Letras Galegas, organizado polo Consello de Cultura Galega coa colaboración do Concello olívico. Celebrouse no auditorio Mar de Vigo ante 500 personas, a cifra máxima permitida para adaptarse á normativa anti-COVID. Foi un éxito: as entradas para asistir esgotáronse en menos de dúas semanas. Quen non puido ver o acto de forma presencial, desfrutouno pola web do Consello da Cultura ou na canle da Televisión de Galicia.

O concerto tivo lugar no Mar de Vigo Ricardo Grobas

Laura LaMontagne e PicoAmperio ofreceron un ambiente de hip hop, cun DJ set. O videocreador Borja Bernárdez encargouse de executar as luces, creadas de modo específico para o concerto en colaboración co deseñador Raúl Silva. No evento, déuselle forma visual aos poemarios Denuncia do equilibrio e Tigres coma cabalos. Uqui Permui confeccionou o cartel do evento, ao que se lle puxo o punto final co Himno de Galicia, que se adaptaou á estética da cita.

Vigo é este 17 de maio o epicentro dos actos conmemorativos polo Día das Letras Galegas. O da Xunta celébrase no IES Castelao, centro no que a propia Arias estudou de moza. Comeza ás 11.30 horas e conta coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ademais de representantes de numerosas institucións do país e unha actuación musical sobre poemas da autora nacida en Sarria.

A Real Academia Galega celebra ás 13.00 horas o plenario extraordinario con motivo do Día das Letras Galegas no auditorio Mar de Vigo, coa participación de Marilar Aleixandre, Ana Romaní e Manuel Rivas. No evento, tamén se poderá gozar das actuacións musicais de Mónica de Nut, Pablo Carreira e Fernando Abreu. Ás 20.00 horas, comeza o espectáculo Vencerse é cousa de se tratar, do propio Fernando Abreu, no auditorio municipal.

Asistiron 500 personas ao concerto Ricardo Grobas

A traxectoria de Xela Arias está impregnada do ambiente de Vigo, cidade na que pasou gran parte da súa vida e marcou a súa creación. É por iso que a urbe cobra o protagonismo no programa deste ano.

Compartir el artículo

stats