A multigalardoada escritora viguesa Ledicia Costas é a encargada de iniciar este relato, que consiste en crear un texto colaborativo entre varios autores da cidade olívica. O requisito e que Vigo sexa o marco no que acontece a acción, según as pautas marcadas pola propulsora desta orixinal iniciativa, a revista "A Movida".

Francisco Castro, Marcos Calveiro e Inma López Silva tamén colaboran neste relato. FDV

Á autora de "Infamia" seguiranlle outros escritores como Pedro Feijoo, Domingo Villar, María Reimóndez ou Inma López Silva -a encargada de escribir o final da obra-, que relatarán, baixo o título "Cadáver exquisito", esta historia.

Trátase de que cada un continue o relato onde o deixou o anterior para que o texto, unha vez completado, teña sentido. Os autores teñen total liberdade creativa para que o resultado final leve o estilo persoal de cada unha das plumas que asinan o relato. Ademáis dos xa mencionados, completan este formidable elenco literario, de orixe vigués ou con vinculacións á cidade olívica, outros cinco nomes: María Xosé Porteiro, Marcos Calveiro, Francisco Castro, Rexina Vega e Manuel Esteban.

Rexina Vega, María Xosé Porteiro, Manuel Esteban e María Reimóndez completan o elenco literario desta orixinal iniciativa. FDV

Xa viu a luz o primeiro capítulo

O relato de Ledicia Costas xa se pode ler tanto na revista física de A Movida do mes de maio (dispoñible en diferentes locais da cidade de forma gratuíta) como na súa versión dixital. Neste primeiro capítulo, o Edificio Simeón, emprazado na Porta do Sol, colle un especial protagonismo; ademais a escritora fai referencia a outros elementos da cidade como o Sireno ou a ninfa e o dragón do Paseo de Alfonso.

O resto dos relatos iranse publicando mensualmente coa chegada dun novo número desta revista cultural.