Os maiores galegos terán por fin un asistente bilingüe ao que dirixirse no seu día a día. Trátase de NETA V3A, un proxecto de innovación que inclúe unha aplicación para dispositivos móbiles e xa superou as probas con persoas reais. Este robot pretende apoiar o envellecemento activo e o empoderamento das persoas adultas maiores, de xeito que sexa útil para prolongar a súa independencia e o seu estilo de vida no seu propio fogar.

O prototipo cobra unha especial relevancia no contexto actual debido á pandemia da Covid-19: se ben as súas probas non foron doadas polas medidas de distanciamento, queda claro que este tipo de tecnoloxías son máis necesarias que nunca para manter unha comunicación fácil e segura. Neste proxecto piloto, realizado en Vigo entre novembro e decembro do 2020, participaron 34 persoas voluntarias de entre 56 e 82 anos.

O robor NETAV3A presenta semellanzas coas "roombas" de limpeza, pero incorporando unha axenda e múltiples funcionalidades como un bot conversador en galego e castelán. O consorcio que o elaborou está formado polas empresas Balidea, Atendo FrutoDS e Ledisson AIT e Balidea, que xa lanzou no 2016 un terapeuta robótico con Povisa, e conta con Gradiant como centro tecnolóxico asociado.

Primeiro robot social 100% galego

O responsable técnico do proxecto en Balidea, Miguel Arias, destacou “o gran reto que supuxo para a súa empresa desenvolver o primeiro asistente virtual bilingüe, que entende e fala tanto galego como castelán. Era importante para comunicarse cos maiores da nosa comunidade falar no seu idioma”. O proxecto nace tamén coa vocación dunha " robótica social, amigable e afastada de estereotipos", na que as persoas maiores poidan

Te puede interesar:

A súa presentación é tamén a constatación do auxe da "economía prateada" ou Silver economy en Galicia, da que derivan os produtos e servizos para os adultos maiores. O proxecto contou con fondos da Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Economía e incluso do Fondo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea (FEDER).