Os pais de Joaquín Rodríguez, 'Koki', o xoven vigués falecido no accidente de tren que causou outras tres vítimas mortais e casi 50 feridos no Porriño, mostran públicamente o seu agradecemento a todos aqueles que lles acompañan nestes tráxicos momentos. Na carta que se reproduce íntegramente a continuación rinden tamén homenaxe ao seu fillo, ao que "só uns meses lle separaban da súa ilusión de conducir trens".

Amigas e amigos:

O noso fillo Koki tiña moitas metas e unha delas era a de ser maquinista. Estaba a

punto de conseguir ese obxectivo, só uns meses o separaban da súa ilusión de

conducir trens, pero avatares da vida quixeron que nun tren encontrara o final da súa

curta vida. No seu camiño -e no noso- cruzouse a fatalidade e nese desgraciado

accidente de O Porriño fóisemos Koki para sempre, pero reconfórtanos que tamén

para sempre perdurarán nas nosas memorias o seu recordo, o seu sorriso, as súas

aventuras, a súas ilusións e as súas bondades.

Lamentamos profundamente a perda de vidas neste fatal accidente e trasladamos ás

familias o noso fondo e sentido pesar e, aos feridos, o noso desexo dunha pronta

recuperación. Queremos dun xeito especial acordarnos de Miguel Veiga, compañeiro e

querido amigo, facéndolle chegar a súa esposa Isa e a seus fillos Casandra e José

Miguel toda a nosa solidaridade, cariño e respeto, e asimesmo, toda a nosa gratitude

pola atención e cariño que hacia nós tiveron.

A pena e o sufrimento pola perda dun fillo son irreparables pero nestes momentos nos

sontén o sentimento de ser queridos e de ver como todos querían ao noso fillo. Non

temos palabras suficientes de agradecemento a todas e todos os que estivestes ao

noso lado, a todos os rapaces e rapazas que nos acompañaron e que choraron

amargamente, a todo o mundo do deporte, e especialmente á familia do balonmán,

que sentíu profundamente a partida de Koki. Non queremos esquecernos da tremenda

labor do personal das emerxencias (bombeiros, Protección Civil, forzas de seguridade,

departamentos de psicoloxía, personal sanitario, ambulancias, 112, etc.), e recoñecer o

seu traballo, a súa profesionalidade e o seu trato. Gracias a todos.

Foron, son e serán días moi tristes, terriblemente tristes e dolorosos para nós, pero

sempre encontramos entre todos vós unha palabra de alento, un xesto de cariño, unha

man á que agarrarse e un ombreiro onde chorar. A todas e todos que dun ou doutro

xeito nos tivestes no pensamento queremos darvos as gracias de todo corazón.

Moitas gracias,

Loli e Cándido