Con 70 anos de traxectoria, Embutidos Lalinense vén apostando nos últimos anos por facer da innovación o eu estandarte. Primeiro foi coas premiadas conservas de cocido e lacón con grelos, despois co Kit Antimorriña que se envía a calquera parte do territorio nacional e europeo, e na actualidade segue a apostar por un lacón 100% Duroc, único no mercado galego por diversos motivos, principalmente por proceder de porcos de raza pura 100% Duroc. Son porcos alimentados de xeito controlado e especializado, e que medran en granxas con alto nivel de benestar. A raza pura Duroc presenta maior porcentaxe de graxa intramuscular que outras liñas Duroc, e este nivel de infiltración e a presenza maioritaria de graxas monoinsaturadas melloran aroma, sabor e textura, e ao mesmo tempo a calidade nutricional. Pola súa apariencia e pola carne tenra, melosa, saborosa e saudable, dise que o Lacón Duroc de Embutidos Lalinense é o patanegra dos Lacóns.