Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha clase adicada á importancia da radio

Escolas nas Ondas transmite desde colexios de Vigo, Tui, Salceda de Caselas e Narón.

Os estudios de radio escolares do IES Pedras Rubias de Salceda e o do Jorge Juan Xuvia de Narón retransmitiron máis de 4 horas de programación para conmemorar o Día Mundial da Radio no marco da programación de Ponte...nas ondas! Os programas elaborados por ambos centros foron emitidos cos sinal de audio e vídeo e contaron con convidados e música en directo.

A asociación Ponte...nas ondas! emitiu tamén un documental sobre a figura de Xesús R. Jares con testemuñas de diversas persoas que traballaron con el na implantación dos conceptos do diálogo, a tolerancia e a paz nos centros educativos.

Polos programas pasaron representantes dos concellos e diversas persoas convidadas nos distintos espazos. Tamén se realizaron conexións con persoas que están traballando na radio en medios como Radio Nacional de España, como é o caso de Lara Lars, exalumna do colexio Altamira quen actualmente fai unha sección para o programa " Entre dos luces " de RNE.

Actuacións musicais en directo como "Os de Aquí" levaron a música a audiencia da emisión.

O CEIP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño), o Agrupamento de Escolas de Valença do Minho e o IES Terra de Turonio de Gondomar realizaron os seus programas na Radio Municipal de Tui. O CEIP Otero Pedrayo de Vigo realizou o seu programa desde a emisora Onda Cero de Vigo. Outras emisoras internacionais como Radio Trovadoras do Brasil elaboraron pezas radiofónicas para emitir na xornada. A Radio Universitaria do Minho de Braga emitiuse o programa "Galiza mais perto" que semanalmente achega a realidade galega ao norte de Portugal. Radio Internacional de Odemira en Portugal, tamén se sumou cunha programación especial para Ponte...nas ondas! Tamén os xornalistas Ana Pérez da TVG e Kiko Novoa da RG enviaron saúdos para a audiencia deste día.

Compartir el artículo

stats