Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

FARO DA ESCOLA leva a literatura ás aulas

Marcos Calveiro, Anxo Fariña, An Alfaya, Iria Misa, Ledicia Costas, Xabier Estévez e Antonio García Teijeiro visitan 56 colexios

Calveiro cos alumnos do colegio Maristas de Vigo. Isabel Rodríguez

O escritor Marcos Calveiro visitou varios colexios dentro das actividades organizadas para o concurso escolar FARO DA ESCOLA, unha iniciativa didáctica do diario decano que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, a empresa de transporte urbano Vitrasa-Avanza, o grupo FCC e Vegalsa-Eroski e que conta coa colaboración do CSIC e Edicións Xerais.

O autor vilagarciano presenta o seu libro "Unha casiña branca", con ilustracións de Marcos Viso, que publica Xerais na súa colección Sopa de Libros. Calveiro charla cos alumnos sobre a súa obra e despois sométese ás preguntas dos escolares centradas sobre todo na súa obra literaria, as súas técnicas para escribir e a súa traxectoria.

Marcos Calveiro describe aos alumnos e alumnas que participan nas súas charlas a experiencia vital dos nenos que protagonizan "A casiña branca". Nenos e familias que viven nun vertedoiro como miles de persoas que o fan noutros centos de lugares coma este en moitos países do mundo. Calveiro narra a vida horrible e as consecuencias que ten para estes rapaces a súa situación vital. O escritor acompaña as charlas con imaxes de moitas familias que dependen do que recollen nos vertedoiros para vivir, rebuscando entre os refugallos comida ou calqueira tpo de material para poder vender. O seu mundo é o lixo de del dependen.

Pero tamén, Calveiro proponlle aos escolares que reflexionen sobre a problemática do lixo na sociedade actual: o volume de residuos que xeramos e que se pode facer, o seu tratamento e, sobre todo, a necesidades de reciclar. A reciclaxe como unha medida fundamental para a reducción dos refugallos e dos costes que conleva tanto o seu tratamento en plantas como polo seu almacenamento en vertedoiros.

Pola súa banda, Antonio García Tejeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, rematou as súas visitas a oito centros escolares para falar das súas obras editadas por Xerais "Paseniño Pasenino" e "Poemar o mar", pola que recibíu o premio nacional.

O escritor Anxo Fariña tamén percorreu unha ducia de colexios que participan no concurso escolar de xornalismo FARO DA ESCOLA. O autor presenta e fala do último libro da súa serie Os Megatoxos. Nesta edición, Fariña presenta unha nova entrega das aventuras dos seus populares Megatoxos, que descubren que existiu un galeón, o "Indomable", que non figuraba nos rexistros da batalla acontecida no estreito de Rande, no fondo da ría de Vigo, en outubro de 1702 entre a Frota da Plata, composta por barcos españois e franceses, que foron acosados por ingleses e holandeses para facerse co seu abarrotado cargamento de ouro, prata e xoias. As investigacións da pandilla do Os Megatoxos descubre que o "Indomable" portaba unha arma capaz de cambiar o rumbo da historia.

Tamén, a escritora Iria Misa presentou a súa novela "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" en catro centros escolares, mentras que An Alfaya falou da súa obra "O fío vermello" en seis colexios; Ledicia Costas segue coa sua ruta por nove centros educativos para presentar "As peripecias de Extravaganzza Pérez" e Xabier Estévez presenta "Avións de papel".

Compartir el artículo

stats