Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Día da Paz nos 50 anos do N.S. Remedios

Unha imaxe da celebración no colexio.

O CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebrou o Día da Paz e da non Violencia, cuia temática xirou en torno ao 50 aniversario do centro educativo, así como ao tratamento da escola como espazo cheo de oportunidades para convivir, aprender, cooperar, xogar, facer amigos, empatizar, madurar, divertirse...

O acto tivo lugar no patio cuberto do centro onde todo o alumnado, profesorado e demais traballadores estiveron unidos pola paz. Distintos alumnos de todos os niveis educativos subiron ao escenario para colocar palabras referentes ao que se vive na escola nunha gran pancarta.

Para finalizar, os alumnos de 6º de Educación Primaria fixeron unha coreografía con xestos que foi imitada polo restante alumnado ao son da canción "Siente la paz" levando todos luvas brancas. Ademais emitiuse un programa da súa radio escolar especial dedicado á Paz antes de baixar ao patio. Resultou ser unha celebración moi emotiva que tivo moi boa acollida por toda a comunidade educativa.

Compartir el artículo

stats