Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Concurso Escolar "En busca da Igualdade"

O Parlamento persegue un maior coñecemento da Cámara entre a poboación escolar

O Parlamento de Galicia convoca a V Edición do seu Concurso Escolar, que nesta edición terá como lema "En busca da Igualdade", co que pretende incentivar entre os escolares galegos actitudes e valores de igualdade, de solidariedade e de respecto mútuos. As bases deste concurso pódense consultar na web do Parlamento (http://www.parlamento.gal/sitios/web/contenidogal/documentosdeinterese/ConcursoEscolar.aspx) e nel poderá participar todo o alumnado escolarizado en educación infantil e educación especial, educación primaria e secundaria.

A convocatoria estructúrase en tres modalidades diferentes: educación infantil e especial, educación primaria e educación secundaria. Os traballos deberán versar sobre aspectos relacionados coa Igualdade e cada un deles deberá ser elaborado, obrigatoriamente, por un grupo de catro alumnos, esixencia orientada a incentivar o traballo en equipo. Cada clase só poderá presentar a concurso un traballo e cada centro educativo poderá participar cun máximo de cinco traballos por cada unha das etapas educativas ás que se dirixe a convocatoria.

As bases determinan un primeiro premio por cada un dos grupos gañadores nos tres niveis, con independencia da técnica empregada (unha táboa dixital e un lote de libros para cada alumno ou alumna); e un segundo premio para cada un dos grupos (MP5 e un lote de libros para cada un dos alumnos e alumnas).As clases dos grupos gañadores recibirán como premio unha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia. Os centros dos grupos gañadores recibirán un premio de 2.000 euros para actividdaes extraescolares.

Compartir el artículo

stats