Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nas Boas Ondas

PNO! entrega os premios a alumnos e profesores no seu 20 aniversario

Xosé María Palmeiro durante a súa intervención.

A entrega dos premios BOAS ONDAS recoñeceu o traballo de alumnado e profesorado en Ponte... nas ondas! ao longo destes 20 anos. Centros de Galicia, Portugal e Brasil foron premiados polos seus traballos realizados na XX edición que se celebrou o pasado 30 de maio de 2014.

O mantedor do acto foi o xornalista Xosé Mª Palmeiro, quen destacou a dimensión dos premios Boas ondas que veñen a poñerlle cumio a un traballo desenvolvido por Ponte...nas ondas! ao longo de dúas décadas. Palmeiro lembrouse dos comezos de Ponte... nas ondas! no ano 1994, da posta en marcha, do proxecto, da experiencia, do desafío, da fermosura e da realización brillante e rotunda do que foi Ponte...nas ondas!

Lembrou a importancia de PNO! no plano cultural, no plano do activismo cultural e no das relacións internacionais.

Agradeceu á Universidade de Vigo a acollida para celebrar o acto e tamén pola colaboración mantida con Ponte...nas ondas! ao longo destes anos. Tamén saudou á representación brasileira de Paraíba, encabezada polo Vereador da Cultura de Boavista e por unha profesora da Universidade Estadual de Paraiba e ao conxunto de profesorado de Galicia e do Norte de Portugal presentes no acto.

Palmeiro falou de PNO! como unha "marca-país", na proxección cultural, nas relacións da parcería e na cooperación con outras culturas, con outros ámbitos, con outros países. Dixo que era un embaixador da cultura galega, da cultura portugues, un pontífice na lusofonía. E comparou esta embaixada cultural coa figura de Nélida Piñón, que vai ingresar na Real Academia Galega, e que tamén non deixou de atender, de engrandecer , de coidar e de agarimar esa ponte que por riba do Atlántico establece fíos invisibles pero moi reais entre Brasil e Galiza.

Fixo alusión ao creador do ensaio contemporáneo, Montaigne, parafraseando unha frase súa, dicindo que PNO! era un proxecto de boa fe, un proxecto destinado a durar, un proxecto aberto, participativo, multidisplinar, multicultucltural, multinacional.

Lembrou as orixes de PNO! como unha experiencia educativa, como un proxecto de renovación pedagógica, que tamén o é, paso a paso, como unha experiencia de radio interescolar, como unha experiencia continuada sen abandonar nunca a referencia do medio radiofónico, como unha experiencia de televisión interescolar e concluiu que, despois de 20 anos, PNO! converteuse nunha experiencia multimedia, interescolar, intercultural, de renovación pedagóxica, absolutamente aberta.

E destacou que PNO fixo ao longo destes 20 anos outras cousas, outras iniciativas, e destacou a posta en marcha da Candidatura da cultura común galego-portuguesa aspirante á proclamación como Obra Mestra da Unesco e a publicación do libro-disco Cores do Atlántico, sobre as cantigas de amigo galego-portuguesas, entre outras das accións desenvolvidas por PNO.

Lembrou os centos de profesores e profesoras, os milleiros de alumnos e alumnas que ao longo destes anos tiñeron contacto con Ponte...nas ondas!

Santiago Veloso, presidente de Ponte... nas ondas! agradeceu as palabras de Xosé María Palmeiro e tivo un recordo para todo o profesorado e alumnado que mantivo en pé a experiencia de comunicación. Tamén foi o momento de lembrar que hai 10 anos, Ponte... nas ondas! levou á UNESCO a Candidatura da cultura común galego-portuguesa, e que é unha materia pendente aínda.

O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, deu a benvida aos asistentes e desculpou a ausencia do Reitor.

Xerardo Feijoo, secretario de PNO deu paso á proxección dun documental realizado por A.Abreu sobre a xornada da XX edición celebrada o 30 de maio e agradeceu o traballo do equipo de UVIGO-TV que vén coordenando o soporte técnico de cada edición.

A seguir, procedeuse á entrega dos premios aos centros consistentes nun lote de material informático. Esta dotación foi posible coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral de Xuventude e o proxecto CampUSCulturae.

Compartir el artículo

stats