Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Emprender, opción de futuro

O conselleiro de Educación abre o curso escolar no colexio plurilingüe Miralba-Jesuitinas de Vigo

O conselleiro Vázquez (2º i), nunha aula do colexio Miralba.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, referiuse aos emprendedores como "unha fonte de riqueza no seu contorno que funciona como motor da innovación, da competitividade e do crecemento das economías". O conselleiro, acompañado polo xefe territorial de Pontevedra, César Pérez e do inspector xefe, Manuel Torres, impartiu unha conferencia na apertura oficial do curso do CPR Plurilingüe Miralba de Vigo sobre "O emprendemento, unha opción de futuro".

Vázquez Abad referiuse durante o seu relatorio á educación, como a ferramenta que contribúe á creación da cultura emprendedora, algo a fomentar entre o alumnado porque, segundo dixo, potencia as capacidades de innovar, de resolver e de introducir novas ideas nos mercados que creen novas oportunidades económicas para poder facer fronte á incerteza e aos obstáculos.

O titular de Educación salientou a cultura emprendedora como "unha fonte de riqueza no seu contorno e que funciona como motor da innovación, da competitividade e do crecemento das economías, posibilitando xerar recursos propios e iniciar negocios, pasando de ser empregados a ser empregadores".

Vázquez Abad explicou ao alumnado os diferentes tipos de sociedades que se poden constituir, definindo as microempresas e as pequenas empresas que poden servir de base para a creación de medianas empresas. Tamén se referiu aos requisitos necesarios para chegar a ser un emprendedor, principiando por unha formación que permita fomentar e desenvolver actitudes proactivas e competencias que os leven a xerar proxectos propios e innovadores.

Para este desenvolvemento, Vázquez Abad subliñou a importancia de adquirir "competencias transversais de amplo espectro, non específicas dunha profesión ou ambiente organizativo, aplicables a tarefas e contextos complexos". Como exemplo, o responsable do departamento educativo expuxo o caso galego da Formación Profesional, na que se produciu unha adaptación dos ciclos formativos á realidade laboral, ademais da posta en marcha dun plan de desenvolvemento específico no sistema educativo en Galicia, "Eduemprende", cunha rede de viveiros de empresas, que axudan aos emprendedores a sacar adiante o seu proxecto.

O titular de Cultura e Educación rematou sinalando que o contexto económico actual é considerado o principal estímulo ao empredemento por máis do 40% dos expertos, xa que diminuíron as trabas burocráticas e se avanzou no fomento da cultura empresarial. Como conclusión lembrou que non hai que temer o fracaso porque moitas veces é unha parte do proceso necesario para acadar o éxito.

Compartir el artículo

stats