Síguenos en redes sociales:

Está pasando

Un bosque literario polo noso medio con Vegalsa-Eroski

Un bosque literario polo noso medio con Vegalsa-EroskiFaro

“Son as vosas historias, que ademais darán nome ás arbores, as que nos trouxeron hoxe aquí e as que fan posible este pequeno bosque literario”. Así felicitou Gabriela González, directora de Sostibilidade de Vegalsa-Eroski, aos 80 alumnos de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Santiago de Oliveira de Ponteareas que, coma gañadores do VII concurso de relato curto “Unha árbore, unha historia”, puideron protagonizar a tradicional plantación de árbores autóctonas e froiteiras que cada ano organiza a compañía galega no marco do seu compromiso coa educación ambiental.

Unha cita que, edición a edición, busca concienciar e achegar aos máis cativos a importancia de coidar a nosa contorna.

Pulsa para ver más contenido para ti