Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Valorar a diversidade

Educando na tolerancia

Aspecto da portada de "Cos brazos abertos".

A sinxeleza coa que Xosé Ballesteros traduce e adapta un texto de Antonio Rubio ten unha correspondencia perfecta coa proposta plástica que realiza María Girón. Basta coa simple imaxe dun rostro para valorar a riqueza da diversidade; abonda co uso da forma impersoal do verbo haber para percibir que, estando rodeados de iguais, desenvólvense saberes; chega cun xesto tan sinxelo como abrir os brazos para que o outro aprehenda a acollida e se a palabra vai acompañada dun trazo preciso, dunha cor suave e dunha imaxe suxerente aumentan as posibilidades dos cativos de entender que calquera que sexa o ton, o acento, o ritmo ou a orixe paga a pena escoitar, atender ou tratar de entender para mellorar.

O exemplo cobra vida, a mente ensánchase e o espíritu engrandécese sabéndose acollido ou abrazado e volumes coma este que apunta directamente á cabeza e ao corazón permite que dende pequenos as crianzas se eduquen na tolerancia e no respecto do que non é igual, do que é diferente.

Considerando que a actitude se traballa dunha forma consciente a través dunha decisión persoal, o autor do texto aposta por ser positivo como forma de transmitir, escollendo verbas e expresión precisas, aludindo ao pasado para explicar o presente, anunciando un futuro mellor se temos en conta a riqueza que nos rodea, dando a oportunidade a quen se achega a nós, escoitando os sons que brotan do interior e aqueloutros que veñen de fóra. Só así seremos quen de contruír un mundo máis humano, máis fraterno.

Unha vez máis a literatura como forma de obxectivación da voz, pode cumprir a función esencial na creación da vida interior, na ampliación e afondamento da simpatía e sensibilidade cara ao outro e cara á linguaxe.

  • Cos brazos abertos

    Antonio Rubio (María Girón, ils.)
    Kalandraka, Pontevedra (2022), PVP. 14,25€

Compartir el artículo

stats