Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Valor catártico

Reinterpretando os mitos

Detalle de portada.

Malvarina é o nome da protagonista da historia que sucede no Val Enmeigado e obedece non á cualidade de ser malvada senón ao gusto da moza pola cor malva. O desexo da rapaza é ser bruxa e para acadar o seu obxectivo deberá sortear unha serie de obstáculos e cumprir cuns requisitos que desembocarán nunha proba final.

O público mozo irá comprobando como a aspirante a bruxa vai impoñendo a súa forma de entender os retos que as tres temidas meigas, Cornelia, Clío e Musgo, lle propoñen e mesmo terán que acreditar no comportamento da súa posible sucesora e dar por válidos postulados para elas inasumíbeis pero que han de ter en conta porque os tempos mudan e deben camiñar mirando o futuro.

A transgresión das normas ten no texto que asina Susana Isern un valor catártico que permite liberarse de estruturas establecidas no antonte dos tempos pero que vistas cos ollos actuais resultan ilóxicas e a autora encárgase de demostrar que outras formas de actuar son posibles e igualmente válidas.

Unha alta doce de desenfado, unhas pingas de humor, un bo feixe de situacións disparatadas propias dunha imaxinación perfectamemte ficcionada son o aderezo ideal para un texto que case dende o comezo pretende inflixir temor pero que axiña sabemos que os obxectivos son outros, que a idea é desbaratar mitos para causar unha certa estrañeza que permita a reinterpretación do mito a través da metáfora, o cuestionamento da orde establecida que dá paso á superación ou a aceptación de situacións absurdas que perseguen un propósito superior e que o tempo se encarga de perpetuar. E pola súa parte as ilustracións que realiza Laura Proietti acompañan, ás veces de forma enigmática e outras de forma máis explícita ao texto e ao trasfondo dunha forma plástica ben divertida.

Portada do libro.

MALVARINA.QUERO SER BRUXA (2022): Susana Isern (Ils. Laura Proietti), Vigo, Triqueta, PVP. 13,30€

Compartir el artículo

stats