Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vidas ao servizo dos demais

Singular análise

Detalle daportada "Retratos en fite".narra

Un monllo de textos de Xosé Manuel Beiras conforman un dos últimos libros publicados por Laiovento na serie “Narrativa”, ordenados cronoloxicamente segundo a aparición en diferentes publicacións non demasiado afastadas no tempo e de contido interesante xa que sobre tales reflexións se asentan agora e/ou no pasado pensamentos críticos que de ter sidos en conta outro galo cantaría!

Cos "Retratos en fite" represéntanse a través da palabra retallos de vidas postas ao servizo dos demais, da sociedade, da causa, da cultura e da historia que se ten construído ou deconstruído nun país con potencial, ás veces, estragado.

As referencias á súa estadía en París, a Xesús Carro García, (Alexandre) Bóveda, Isaac (Díaz Pardo), Pepe Teixeiro, Lidia Senra, Ricardo Carvalho Calero, Martiño Noriega, Cáccamo, Xoana Torres, Valentín Arias ou Justo Beramendi entre outros moitos converten a ollada fixa nunha sorte de análise singular que se torna plural na pluma de quen librou ao longo da súa vida batallas nas que manifestou o seu incondicional amor por Galiza.

O foco está posto neste caso na cotidianeidade dos feitos vividos, na influencia que amigos, colegas, intelectuais, escritores ou artistas exerceron na súa vida, nas consecuencias das súas decisións ou mesmo na forma de afrontar a historia. Todo isto adobiado cunha análise profunda da situación histórico-político-social na que se insiren tales consideracións e cunha escrita incisiva na que amosa -ás veces de forma descarnada- as disfuncións dunha sociedade a da preguerra, a da posguerra e a da democracia nada favorable ao común da poboación, por iso é máis importante, se cabe, a denuncia, por iso é de xustiza recoñecer o diálogo que establece coa historia do país personalizado ou non.

RETRATOS EN FITE (2022): Xosé Manuel Beiras, Santiago de Compostela, Laiovento, PVP. 17,05€

Compartir el artículo

stats