Libros
Poemario intimista
Unha forma pouco coidada

Detalle da ilustración de portada de "A lista da compra". / Héitor Mera
Héitor Mera
Vén de publicar María Besteiros o seu segundo poemario. Moi en consonancia coa liña de investigación que desenvolve dende o ámbito dos estudos literarios, A lista da compra ten moi presente a experiencia da maternidade. Arredor desta cuestión versa ou mesmo está determinado, todo aquilo que ten que ver coa súa experiencia vital. O contexto no que se dá a ausencia obsesiva do home que xa non está, a monotonía do devir cotián ou a visión que sobre si mesma ten o eu lírico (posiblemente autora). Dito isto, A lista da compra é un poemario intimista. A expresión máxima das sensacións, dos sentimentos, da experiencia do día a día comentada dun xeito moi explícito. Comparte a súa experiencia do íntimo para reflexionar, posiblemente sobre o común, o que moitas persoas nas súas circunstancias puideran vivir.
Chama a atención o pesimismo xurdido destes poemas. Xa o propio título dá unha idea da cotianidade que pode darse nunha situación así. A compra, as tarefas, a desgana e a imposibilidade de desenvolver inquedanzas latexantes nesta voz feminina. Todo o que rodea o poemario preséntase como limitante, non alcanzamos a percibir unha luz de optimismo nesta realidade por momentos abafante. Aquí, desde a nosa perspectiva dunha poesía primixeneamente intimista, queda a ambigüidade de resolver cal é a finalidade da mensaxe que nos expón. Temos claro que é compartir unhas vivencias, mais sería posible una interpretación máis social, de denuncia. Do que non hai dúbida é de que unha vez rematada a lectura, a sensación é a do berro dalguén que navega entre a frustración e a desesperanza.
Tanto é así que todo o comentado anteriormente ten un compoñente obsesivo que mesmo crea certo desacougo ao lector. O pesimismo do poemario intimista e existencial. Ás veces, cando un autor ou autora ten alguna teima fai que a súa poesía sexa repetitiva e panfletaria. Este poemario peca un pouco diso.
No que atinxe á forma non se percibe esforzo ningún polo coidado do poema. Nin no ritmo interno nin moito menos na rima. Hai una mensaxe que trasladar, hai certas imaxes que coidar, mais non vai moito máis alá.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar