Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Mapas, mapas, mapas

Cartografía para interpretar o mundo

Abraham Ortelius, inventor del primer atlas moderno

Non deixa de ser unha circunstancia relativamente insólita que unha editorial dedicada á cartografía para excursionistas acade os setenta e cinco anos de existencia. É o caso da catalá Alpina. Nunha terra de histórica afección pola montaña (o Centre Excursionista de Catalunya foi fundado en 1876), esta actividade era unha das poucas vías de escape que a ditadura permitía.

  • El mapa de los vestigios franquistas de Galicia

    Reliquias franquistas en espacios públicos a 654 ayuntamientos

Así, a elaboración de mapas de vales e montañas non só facilitaba un exercicio do excursionismo sen risco senón que tamén servía para preservar a memoria dos topónimos na súa forma orixinal, frecuentemente alterada por unha absurda castelanización por parte das novas autoridades. Estes mapas unen a dimensión científica coa práctica e pasaron da elaboración artesanal dos primeiros orixinais a usar desde hai uns anos a tecnoloxía dixital tanto para a súa confección como para a consulta.

Mapa Mundi levado a cabo, c. 1570, polo xeógrafo e cartógrafo flamenco Abraham Ortelius (1527-1598). Abraham Ortelius

Pero se esta microcartografía permite transitar por unhas montañas de maneira grata e segura, cando pasamos a medidas maiores, comeza a actuar en nós a interpretación dunha realidade que a simple vista non podemos acadar. Nin que sexa cun mero mapa de estradas, ante nós aparecen accidentes xeográficos que con frecuencia condicionarán os nosos movementos.

Pero para a confección dos mapas e o seu posterior uso foi preciso o traballo previo de exploración e medición por parte de camiñantes e navegantes. Militares e comerciantes serían os seus usuarios principais pero, así como nos percorridos terrestres sempre atoparían un continuo, cos únicos atrancos de ríos e serras, cruzar un mar era cousa máis complicada. Entón, imaxinemos, por poñer un exemplo dos tempos antigos, a expedición de Aníbal. Se ben podemos sospeitar que sabíaa ben como cruzar o estreito (hoxe de Xibraltar), para pasar tropas á península Ibérica, antes de marchar contra Roma debería coñecer que, entre os obstáculos que atoparía, estaban os ríos Ebro e Ródano, e os Perineos e mais os Alpes. Para vencelos, precisaría de mapas dalgún tipo, ben de factura propia, ben roubados por espías aos romanos.

A representación gráfica de terras e mares tivo, incluso moito antes de contar coa verificación científica de que a Terra era redonda, unha visión cenital que situaba o norte na parte superior. Con todo, podemos atopar excepcións. De maneira práctica, algúns mapas franceses do século XVII para unha eventual conquista de Cataluña, estaban deseñados de maneira subxectiva, de forma que situaban na parte inferior os Perineos e as terras do Ebro na superior.

Pero máis alá do seu emprego utilitario, os mapas s permiten entendermos o mundo e comparar magnitudes entre países. Como sinalou Robert D. Kaplan en A vinganza da Xeografía (2013), “A xeografía é o pano de fondo da historia da humanidade. Estudar un mapa pode converterse nunha tarefa infinitamente absorbente e fascinante”. Un dos seus seareiros, o xornalista catalán Enric Juliana, non deixa de proclamar en sintonía con tal, “mapas, mapas, mapas”.

Hai xa uns meses apareceu nas nosas librarías El porqué de los mapas (Debate), de Eduard Dalmau, edición que xa está esgotada, o que vén demostrar que hai un público interesado no tema. Sostén Dalmau que todos temos necesidade de crear os nosos mapas, nin que sexan mentais, como maneira de facer noso o espazo que nos circunda para pasarmos ao mundo exterior e ás súas representacións. Reflexiona tamén que, así como no medio terrestre temos a posibilidade de dispoñer da “ollada de paxaro” (grazas ás montañas), tal cousa non foi sempre posible na elaboración dos mapas portolanos que apareceron na Idade Media, cando a observación tiña que facerse desde un barco e reflectilas nos cadernos de bitácora, que despois facilitaban a elaboración dos mapas.

Xa desde os gregos, os máis dos cartógrafos eran astrónomos, o que lles permitía calcular latitudes e lonxitudes. Pero tal coñecemento non foi aproveitado polos romanos, arrogantes do seu imperio, ata o punto de elaborar a Tabula Peutingeriana, que situaba as estradas imperiais con información sobre cuarteis e sitios para comer e durmir. Sen dúbida, a primeira guía de viaxes da historia.

Compartir el artículo

stats