Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Do maxín de Cunqueiro

Do maxín de Cunqueiro

O grande escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro (1911 – 1981), nai do maxín máis activo e produtivo, non parou de escribir porque non podía parar, o seu caletre producía máis do que a man podía transcribir, e moito lle quedaría no tinteiro. E moito tamén aínda queda no tinteiro por escribir sobre el e sobre a súas obras, dispares e polifacéticas. Hoxe faremos referencia a unha das arestas desa extensa escrita: trátase d’O labirinto do Imperio Secreto, unha serie de vinte artigos en castelán recompilados da prensa por Miguel González Somovilla, e que o, entre outras cousas, xornalista, dedicou ao Imperio Secreto, unha creación propia, persoal, singular e enigmática. Moi bo traballo o do compilador e introdutor, digno de ler con atención para apreciar con maior deleite os artigos. Iso á parte, o entrañable sucesor na dirección de FARO DE VIGO, Xosé Francisco Armesto Faginas, benquerido por todos, e tamén biógrafo seu, deixou tamén no tinteiro, dado o seu prematuro pasamento, moitas cousas sobre o mindoniense, que aínda ninguén retomou, e que deberán formar parte das “mil primaveras máis para o galego”.

Neses artigos, publicados en distintos medios entre 1959 e 1976, o autor recrea unha sociedade imaxinaria e distópica cuxos habitantes son súbditos de sucesivas dinastías auxiliadas por conselleiros poéticos e cantores do outono que se artellan en torno a diversos organismos e departamentos, como o Consello do Azar, a Chancelería Imperial de Grans e a Cámara de Xadrez. A capital é temporal e invisible, situada no santuario de Santa María do Cebreiro, na rota xacobea, e desde aí puido o xornalista falar con certa liberdade. Lean o libriño, como tributo e compendio dun creador infinito.

GONZÁLEZ SOMOVILLA, M., O labirinto do Imperio Secreto, Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo, 2021, PVP.S/R

Compartir el artículo

stats