Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Literatura que conta a ciencia

Relatos anticonvencionais

Literatura que conta a ciencia

Este comentario sobre o libro de Agustín Agra debería ir acompañado do mesmo silencio ao que aluden todos os xornais que ao libro fan referencia. En efecto, despois dun silencio editorial de cinco anos, Agra publica unha nova peza narrativa que leva por título Silencio.:unha novela diferente, non convencional, composta por un monllo de oito relatos que parecen independentes, mais non o son, e no seu conxunto forman unha ficción novelesca que nace por pola admiración de Alexander von Humboldt e pretende ser unha novela verbo do propio “polimata” prusiano. O libro contén oito relatos referentes a outros tantos científicos desde a revolución científica ao descubrimento das vacinas.

Os personaxes que interveñen na obra son científicos de épocas distintas, con presenza dalgunhas figuras femininas,ás que se lles furtou visibilidade ao longo da historia. Xustamente dúas son as protagonistas do primeiro relato “Caderno da tundra”. Dúas amigas, dedican os seus esforzos á concienciación dos problemas ambientais do planeta. Nunha expedición á terras nórdicas, unha delas desaparece tras as pegadas de Carl Linné. No seu diario non hai pegadas do seu percorrido, pero si da fauna. A amiga deduce que é feliz na tundra, lonxe da barafunda dos seus conxéneres. O segundo relato é unha clara homenaxe aos científicos renacentistas que fundamentaron o heliocentrismo: Copérnico, Tycho Brahe, Kepler, o torturado e asasinado Giordano Bruno e Newton que, con teoría gravitacional coreaba a obra que demostrou a falsidade do xeocentrismo. Noutro relato aparece a figura de Lavoisier, protagonista asemade da revolución científica, que puxo a data inaugural para a química, coa axuda impagable da súa muller Marie-Anne. As cartas cruzadas entre dous xeólogos, Charles Lyell e George Cuvier iluminaron as teorías do uniformismo e do catastrofismo como explicación da orixe do noso planeta. “I think” rememora os descubrimentos de Darwin nas cosas de América. O libro complétase con outros tres relatos nos que se dá conta de cómo Louis Pasteur bota por terra a teoría da xeración espontánea; Gregorius Mendel, cruzando chícharos e ratos, descubre as leis da herdanza xenética e o último “polimata” e aventureiro, Von Humboldt, descarta obsoletas teoría xeolóxicas e cataloga a fauna e a flora americana. Moito a salientar neste libro. Nomeadamente o feito de que de grandes achados científicos, o autor foi capaz de erguer incitadores relatos literarios.

Subliñable igualmente a tonalidade da obra: relatos científicos centrados tanto na natureza humana como na natural, expostos dun xeito delicado, mais capaz de afastar a verdade científica da superstición, a maxia e o fanatismo relixioso.

AGRA, Agustín, Silencio, Galaxia, Vigo, 2020, PVP. 14,01 €

Compartir el artículo

stats