Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Castelo de Taraes

Unha fortaleza ignota do Baixo Miño

Vista parcial da vila de A Guarda. Na imaxe pequena: documento de doazón ao mosteiro de Santa María de Oia (1257).

O territorio medieval de Toroño foi un espazo xurisdicional situado ao norte do Miño -entre a desembocadura deste río e Vigo, ao Oeste, e o curso do Avia, ao Leste- do que temos noticias desde o século XI. Toroño ou Turonium "se hallaba dividido en siete terras menores, regidas, a su vez, por un tenente propio. Tales fueron las tierras de Fragoso, Miñor, Taraes>Taras, Louriña, Sobroso, San Martín y la Novoa" apunta Fernández Rodríguez (2004). Segundo o mesmo autor, a terra menor de Taraes estaba conformado polas parroquias de Salcidos e o lugar de Cividáns (A Guarda), Taraes (entidade desaparecida), Sandián e Marzán (O Rosal), Aqua Lada, Lama má, Gándara, Cela e Outeiro (Tomiño), así como Vilapouca (Tui). Toroño estaba rexido por unha serie de castelos: Entença (Salceda de Caselas), Toronio (Oia), Soueroso (Mondariz), Thebran (Tomiño) e Sancta Helena (Vigo), San Martiño de Ladróns (Arbo) e San Xoán de Novoa (Carballeda de Avia).

Con todo, Ávila y la Cueva (1852) cita e estuda outro castelo coetáneo aos anteriores: o de Taraes. O historiador tudense, o primeiro en ocuparse desta enigmática fortaleza do Baixo Miño, apunta que "otro castillo muy principal fue el de Tariaes ó Taraes pues de ambas maneras le señalan las escrituras antiguas, en las que se encuentra muy frecuente mencion suya: y aunque no dicen espresamente que Tariaes fuese castillo, sabemos no obstante lo era, no solo por ser sitio que daba denominacion á un dilatado territorio de lugares conocido por tierra de Tariaes ó Taraes, que es hoy en dia el Arciprestazgo de Tebra, que por esta razón aun se le titula en la actualidad con el adictamento de Taras, nombre abreviado de Tariaes, sino tambien porque en Tariaes había un gobernador que le mandaba con jurisdicion en las tierras de su comprension como sucedía en otros castillos." O noso historiador atopou a primeira cita documental deste castelo nun "instrumento" do mosteiro de Oia do ano 1191, cando o gobernador da fortaleza era Don Gonzalo Pelaez, "no obstante que la memoria de Tariaes biene muy de atras". Sucesivos documentos datados en 1200, 1201, 1217, 1218, 1225 e 1258 volven dar fe da existencia do castelo e citan o nome do seu gobernador.

Secasí, Ávila y la Cueva ignora a súa localización: "A cerca del sitio que ocupó hicimos varias indagaciones en las parroquias de aquel Arciprestazgo para saber á punto fijo qual ha sito y si aun se conservaban algunas ruinas ó bestigios suyos, y nada podimos descubrir hasta ahora á cerca de ello porque todo lo obscureció el tiempo: y solo sabemos lo que se deduce de las mismas escrituras antiguas, y es que estuvo colocado en el valle de Tebra ó muy inmediato á el, porque los instrumentos que mencionan varios de sus gobernadores dicen indiferentemente unas veces que fulano tenía á Tariaes y otras que fulano tenía a Tebra, y esto aun siendo uno mismo el sugeto de qien hablan" (?). De aquí podemos inferir que, ou ben ambos castelos eran o mesmo, ou ben un era subsidiario do outro e, xa que logo, compartían gobernanza. Sabemos que no lugar do Outeiro (Santa María de Tebra) hai unha torre homónima que se erixiu no s. XIII, pero é posible que Taraes non estivese no val do río Cereixo, senón dominando a desembocadura do Miño, como agora veremos.

Grazas a Navaza Blanco (2017) sabemos que A Guarda recibe esta denominación desde o ano 1228, sendo rei de Galicia e León Afonso IX, quen lle recoñeceu á vila a condición realenga. Antes deste cambio de nomenclatura, o nome do núcleo guardés era "muito provavelmente" Tarás. Con todo Tarás ou Taraes non foi unicamente o antigo nome dunha vila, senón o dun castelo e, por extensión, dun territorio -a "terra de Taraes" á que tamén se refire un privilexio real de 1279 (Enrique Flórez; 1798)- o que explica que o topónimo permaneza vivo durante varios séculos na documentación e na división relixiosa co nome de Arciprestado de Tebra e Tarás. Se o antigo nome da Guarda antes do século XIII era Tarás ou Taraes, en que lugar da vila se ergueu este castelo medieval?. Puido ser no outeiro que hoxe se coñece como Monte Torroso?. Quizais si, aínda que Lomba Alonso (2008) non documentou ningún dos dous topónimos no excelente traballo que publicou sobre a toponimia guardesa.

Compartir el artículo

stats