Traballo de investigación que realizaron os alumnos de 4º ESO empregando a hemeroteca do Faro. O alumnado buscou a maior parte da información nas portadas dos periódicos do día 25 de xullo dende o ano 1876 ata 2021, facendo un recorrido por todos os anos comprendidos entre esas dúas datas.

Existen diferentes rutas e camiños que rematan na Cidade de Santiago de Compostela, onde cada ano veñen miles de peregrinos de todo o mundo (sobre todo de Europa), a mostrar a súa devoción polo Apóstolo Santiago uns, e simplemente con fins espirituais e purificadores outros (1).

O 25 de xullo, celébrase o Patrón de España, Día de Galicia porque nesa xornada, os peregrinos podían obter o perdón por todos os seus pecados, aínda que non existe razón exacta para que a celebración se realice nese día, sinxelamente parece ser que foi escollido pola Santa Sede e o Clero Compostelá entre todos os días do ano (2).

Todos os datos empregados nesta reportaxe foron extraídos das portadas do Faro de Vigo das diferentes edicións de todos os 25 de xullo dende o ano 1876 (3) ata o 2021 (4) coa finalidade de analizar o tratamento dese día ao longo da historia e dende un punto de vista periodístico. O acceso a estes xornais fíxose dende a hemeroteca do Faro de Vigo.

A primeira noticia que atopamos rexístrase no ano 1899 cunha mención moi simple dunhas liñas e escrito en lingua castelá (5), certo é que o periódico non coñecía outra lingua ata o ano 1926 que empeza a redactar nun galego-lusista (6).

A transcendencia das festas do Apóstolo vai cambiando a medida que transcorren os anos, de non ter repercusión ningunha a dedicarlle a portada completa no ano 1926 e algúns posteriores onde podemos ver gravados e debuxos do Santo ou dos devotos prostrados ante o Santo (7, 8). Como anécdota, é interesante observar escritos de Ramón Cabanillas, Vicente Risco (9), Bernardino Graña, Celso E. Ferreiro, Aquilino Iglesias Alvariño (10), ou ben incluso “Cousas” de Castelao no ano 1931(11).

Outra curiosidade, e que entre os anos 1924 e 1957 o Apóstolo é nomeado de 3 maneiras diferentes de forma indistinta, Sant – Yago (12, 13), Sant – Iago (14), ou ben Santiago (15, 16). Entre os anos 1926 e 1938 aproximadamente, as portadas en relación a Santiago son importantes, e ademais, na segunda páxina Santiago tamén ocupa unha boa parte, pero curiosamente, pouco a pouco os espazos das noticias son cada vez máis reducidos para darlle máis protagonismo aos anuncios, ata tal punto, que en 1935 case a metade da páxina estaba ocupada pola publicidade (17).

Como dato curioso, atopamos que o 25 de Xullo de 1922, na Final da Copa, o Real Vigo gañou ao Santiago Sporting e esta foi a única referencia a Santiago no seu día, ningún tema relixioso nin de culto, puramente deportivo (18).

Entre os anos 1918 e 1923 atopamos historias relacionadas co mito de Santiago e a Raíña Lupa, pero xa chegados ao 1937 (19) e nas portas do Réxime Franquista, atopamos unha cita na que se exalta o Día de Santiago relacionándoa con España e… “Santiago y cierra España… Franco, Franco, Franco. ¡Arriba Galicia Española!” aparece no artigo “España se postra hoy reverente ante su celestial Patrón el Apóstol Santiago” (20).

En 1939, atopamos a primeira fotografía (e non gravado) sobre Santiago, concretamente unha fotografía do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo (21, 22).

O punto álxido das nosas festas, foi arredor do ano 1945 (23), no que falan da Festa Nacional e incluso en 1954 chega a nomearse como Patrón de Europa (24). A política pouco a pouco empeza a coller protagonismo nese día, e Santiago a perdelo.

En 1965, Carmen Polo de Franco, presenciou a tradicional “queima” do Obradoiro (25). A crónica desta festa en Santiago, foi transmitida por teléfono. Despois dun par de anos de seca informativa Santiago volve a ocupar pequenos espazos nas portadas, onde a festa nacional convive co Día de Galicia. A partir de 1978, xa falamos do día da Patria Galega a pesar de que segue a ser o Patrón de España (26). Dende 1981, podemos ver a mensaxe nese día do presidente da Xunta (27), e no 1982 xa se fala de manifestacións nacionalistas (28, 29). Dende esa data, a festa, é máis un día pola unión de Galicia (30, 31) que unha festa de culto. No 1990, celébrase por vez primeira e de forma oficial o Día de Galicia (32).

En 1996, a noticia rexistrada é sobre o planeamento do asasinato de Manuel Fraga, que segundo parece estaba ideado para esa data (33).

A partir do ano 99, o día do Apóstolo ocupa o suplemento central das edicións do Faro, indicando na portada a existencia de ese mesmo suplemento. É curioso que por esas datas, o periódico ofreza aos seus lectores “pines” ou láminas en relación coa celebración (ou tamén por outros motivos) (34).

Non so no tratamento da información sobre Santiago e a súa celebración aprécianse cambios no transcorrer dos anos, o Faro de Vigo, tamén cambia en canto a súa aparencia e distribución da información nos espazos. A publicidade cobra gran importancia aparecendo anuncios cada vez maiores e ademais durante moitos anos, o periódico, primeiro editábase unicamente os martes, xoves e sábados (35) non se editaba nos días festivos, polo que non se podía mercar nos quioscos o día despois (36).

Foi moi interesante revisar como o Faro de Vigo vai mudando co paso dos anos na súa representación do Día de Galicia e tamén todos os feitos históricos que aconteceron neses anos e que estudamos en historia e literatura. Tamén o feito de que os primeiros xornais costasen 15 reais (subscrición 1 peseta ao mes), 5 céntimos… logo 1 peseta, 2 pesetas… ata entrada do euro no 2002). A partir desta investigación xurdiu a idea de realizar un vídeo-noticiario sobre o tema. A súa realización foi moi divertida a pesar de non poder introducir nel (por motivos de tempo) todas as escenas gravadas debido á limitación do tempo (o vídeo orixinal – versión estendida – dura seis minutos e medio).

Referencias:

Todas as portadas do Faro de Vigo publicadas entre 1876 e 2021 foron revisadas detidamente pola clase, aínda que as máis salientables foron:

(1) https://www.caminodesantiago.gal/es/planifica/las-rutas

(2) https://espanafascinante.com/aire-libre/por-que-dia-santiago-25-julio/#:~:text=La%20importancia%20que%20alcanz%C3%B3%20el,solo%20cuando%20coincidiera%20en%20domingo

(3) Ano XXXIV, martes 25 de xullo de 1876, nº 2430

(4) Ano 168, domingo 25 de xullo, nº 59.866

(5) Desde Santiago, xoves 27 de xullo de 1899, nº 10.001

(6) …E ultreja, e suseja, Deus Adiuva nos…, gravado de Camilo Díaz Baliño, ano 73, domingo 25 de xullo de 1926, nº 18.194

(7) Rincón da Basílica do Apóstolo, debuxo de Camilo Díaz Baliño, ano 75, xoves 25 de xullo de 1929, nº 18.081

(8) ¡Camiño da fe: camiño de frores!, ano 77, venres 25 de xullo de 1930, nº 19.286

(9) Dolor y Gloria de la emigración gallega, Vicente Risco, ano 81, martes 25 de xulllo, de 1933, nº 20.172

(10) Poemas de Lúa, Aquilino Iglesias Alvariño, ano 77, venres 25 de xullo de 1930, nº 19.286

(11) Cousas, Daniel Castelao, ano 78, sábado 25 de xullo de 1931, nº 19.565

(12) Historia de un prodigio que hizo el señor Sant-Yago, Celso Emilio Ferreiro, ano 81, martes 25 de xullo de 1933, nº 20.172

(13) O camiño de Sant-Yago, Ramón Cabanillas, ano 71, venres 25 de xullo de 1924, nº 17.582

(14) Pol-o camiño de Sant-Iago, ano 75, mércores 25 de xullo de 1928, nº 18.770

(15) Siempre el camino de Santiago, ano ?, mércores 25 de xullo de 1934, nº 20.552

(16) https://www.aciprensa.com/noticias/hoy-la-iglesia-catolica-celebra-asantiago-apostol-el-patrono-de-espana-44756

(17) Camino de Santiago, Joaquín Díaz de Rábago, ano 83, xoves 25 de xullo de 1935, nº 21.092

(18) El Vigo en Santiago gana unha hermosa copa, ano 71, martes 25 de xullo de 1922, ano 16.970

(19) Fiesta del Patrón de España, El día de Galicia, Ortiz Novo, ano 71, mércores 25 de xullo de 1923, nº 17.278

(20) España se postra hoy reverente ante su celestial Patrón el Apóstol Santiago, ano 85, domingo 25 de xullo de 1937, nº 21.706

(21) Pórtico de la Gloria, ano 87, martes 25 de xullo de 1939, ano 22.318

(22) En el día del Apóstol Santiago, ano 88, xoves 25 de xullo de 1940, nº 22.629

(23) Fiesta mayor de Galicia y de exaltación Españolista, ano 93, mércores 25 de xullo de 1945, nº 25.084

(24) Camino y milagro, Santiago, Patrón de Europa, Joaquín Arbeloa, ano 101, domingo 25 se xullo de 1954, ano 27.681

(25) Doña Carmen Polo de Franco, en Compostela, ano 113, domingo 25 de xullo de 1965, nº 51.000

(26) El capitán General presenta hoy la ofrenda al Apóstol, José Filgueira Valverde, Eliso Alonso, Manuel Fraga Iribarne, ano 125, martes 25 de xullo de 1978, nº 44.853

(27) Mensaje del presidente de la Xunta, ano 128, sábado 25 de xullo de 1981, nº 45.776

(28) Los nacionalistas celebrarán el “Día de la Patria Galega” con una manifestación, ano 129, domingo 25 de xullo, nº 46.089

(29) Sexamos conscientes do noso ser galego, Fernández Albor, ano 131, mércores 25 de xullo, nº 46.709

(30) Galicia, pola unión, Delegación Santiago, ano 132, xoves 25 de xullo de 1984, nº 47.018

(31) Fernández Albor reivindica a lingua galega no seu mensaxe do 25 de xullo, ano 133, venres 25 de xullo de 1986, nº 47.330

(32) La Xunta celebra por vez primera oficialmente el “Día de Galicia”, ano 137, martes 25 de xullo de 1990, nº 48.652

(33) Los etarras de Pontevedra planeaban asesinar a Fraga, nº 143, xoves 25 de xullo de 1996, nº 50.810

(34) Hoxe, suplemento no día de Galicia, ano 146, domingo 25 de xullo de 1999, ano 51.895

(35) Ano XXXIV, martes 25 de xullo de 1876, nº 2430

(36) Ano XXX, Martes 25 de xullo de 1882, nº 3790