O proxecto “Da túa man”, da Deputación de Pontevedra, segue a darlle visibilidade ao comercio do rural da provincia; agora tamén mediante a plataforma MOVE

Co nacemento de MOVE, a Deputación busca crear unha rede de comercio local, onde comerciantes e hostaleiros estreiten vínculos con produtores e provedores locais, e onde a poboación poida atopar información sobre os comercios próximos

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver a plataforma MOVE, que será unha plataforma en liña onde comerciantes e hostaleiros poderán xerar vínculos cos produtores e provedores locais.

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver a plataforma MOVE, que será unha plataforma en liña onde comerciantes e hostaleiros poderán xerar vínculos cos produtores e provedores locais. / Deputación de Pontevedra

“Da túa man” nace co obxectivo de favorecer a visibilización e dixitalización dos comercios localizados nos municipios adheridos ao proxecto “Da túa man”, así como para promocionar a imaxe do comercio de proximidade e o produto de quilómetro 0. 

Así, a Deputación de Pontevedra, implantando o uso das novas tecnoloxías, promovendo prácticas de economía circular e melloras no acondicionamento dos espazos comerciais, contribúe a adaptar os concellos do rural aos novos hábitos de consumo. 

Coa iniciativa Da túa man rural, estanse a levar a cabo estas actuacións nos seguintes once municipios da provincia de Pontevedra con menos de 5.000 habitantes: Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Rodeiro, aproveitando os seus recursos locais, culturais e turísticos, aínda descoñecidos para algúns.

A nova plataforma tamén será utilidade para os consumidores, que poderán consultar cales son os comercios mais próximos e coñecer a súa ampla oferta de calidade.

A nova plataforma tamén será utilidade para os consumidores, que poderán consultar cales son os comercios mais próximos e coñecer a súa ampla oferta de calidade. / Deputación de Pontevedra

Como novidade dentro deste proxecto, a Deputación de Pontevedra está a desenvolver a plataforma MOVE, que será unha plataforma en liña onde comerciantes e hostaleiros poderán xerar vínculos cos produtores e provedores locais. Ademais, tamén será de utilidade para os consumidores, que poderán consultar cales son os comercios mais próximos e coñecer a súa ampla oferta de calidade.

Grazas a tódolos comerciantes e hostaleiros que se adhiren a MOVE, enriquécese a oferta local e proporciónase aos clientes unha experiencia de compra diferente e emocionante, á vez que se axuda a manter viva a cultura e a identidade dos concellos do rural da provincia.

Festa do Lacón con Grelos en Cuntis.

Festa do Lacón con Grelos en Cuntis. / Cedida

MOVE axudaralles a aproveitar a visibilidade no universo dixital, a establecer relacións comerciais dunha forma moi sinxela, a compartir a súa experiencia e historia en formatos virais, -coma o vídeo-, e a empregar ferramentas dixitais para darse a coñecer dunha maneira máis activa. 

Ademais, cabe destacar que, formando parte de MOVE, as relacións comerciais que se establezan permitirán visibilizar a calidade dos produtos locais e fomentar a diferenciación, así como aumentar a diversidade da oferta para os consumidores e acadar un maior rendemento. O obxectivo vai máis alá de vender produtos locais resaltando a súa calidade, o que se busca é promocionar o comercio do rural, a economía circular e o produto de proximidade.

Grazas a proxectos como Da túa man, e o desenvolvemento de iniciativas como MOVE, a Deputación de Pontevedra está logrando darlle ao rural ese impulso que precisaba para aumentar o consumo revitalizando a economía local, atraendo visitantes e, especialmente, favorecendo a empregabilidade e a permanencia dos veciños e veciñas no territorio.