Redondela aposta polo turismo
de natureza

» Amosa en FITUR todo o potencial experiencial da privilexiada enseada de San Simón, unha xoia única na ría de Vigo

Actividades na enseada de San Simón.

Actividades na enseada de San Simón. / C.Redondela

Redondela estivo máis que presente na gran cita coa Feira Internacional de Turismo Fitur 2024, un dos grandes escaparates mundiais do sector no que a vila da pedra e a agua triunfou cunha proposta de turismo de natureza e experiencial única. 

Se a intención era “poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do turismo”, en palabras da alcaldesa Digna Rivas; o certo é que conseguiuno e de que maneira grazas a un amplo abano de atractivas actividades de turismo activo, que contaron coa enseada de San Simón como fío condutor. 

Unha paisaxe espectacular e unha biodiversidade única que fan neste municipio unha xoia dentro da ría de Vigo e “un recurso con moitísimas posibilidades e para público de todas as idades”, en palabras de Ana Vázquez, responsable da empresa Alecrín Actividades e Aventura, que desde hai anos está a facer actividades guiadas no municipio en colaboración co Concello. 

Actividades na enseada de San Simón. Festa da Coca de Redondela.

Actividades na enseada de San Simón / C.Redondela

A oferta das concellerías de Turismo e Sostibilidade inclúen deste xeito actividades de natureza e lúdicas nas que os participantes “poden vivir experiencias como remar nun kaiak pola enseada, saír en bicicleta para coñecer a fauna e a flora da enseada ou observar o ceo nocturno sempre guiados por expertos”, en palabras da concelleira Rita Pérez. “É un xeito de poñer en valor o noso patrimonio natural ao tempo que educamos en sostibilidade e respecto ao medio ambiente”, según sinalou, pola súa banda, Roberto Villar.

Deste xeito, Redondela tamén puido presumir en Fitur do programa de routeiros que organiza o Concello e que inclúe paseos polo litoral, saídas en bicicleta, rutas nocturnas e paseos en kaiak, así como propostas de turismo mariñeiro para toda a familia. 

Actividades na enseada de San Simón.

Actividades na enseada de San Simón. / C.Redondela

Como municipio vencellado ao mar, a vila puxo asimesmo en valor os segredos agochados das súas paisaxes. 

“Ás veces descoñecemos todos os recursos que nos pode ofrecer”, engadía Rita Pérez, que destacaba como “a xente que participa sorpréndese da vida e as especies animais que ofrece a enseada, porque descobren elementos que non sabían que estaban alí”.

Remar ata unha batea e comprobar toda a vida que acubillan as súas cordas, achegarse ao illote das Corveiras ou saudar de preto a escultura do Capitán Nemo son só algunhas das experiencias que se poden vivir nestas actividades educativo-ambientais.

[object Object]

Por non falar da Observación do Ceo Nocturno, unha actividade de observación astronómica para toda a familia na que, da man dun guía especializado, as persoas participantes reciben explicacións sobre as estrelas máis importantes, as constelacións visibles e os métodos de orientación que se poden seguir a través do ceo nocturno.