Museo Ramón Aller, o epicentro cultural de Lalín

O emblemático edificio volveu ser referente da cultura lalinense, sendo o marco elexido por numerosos artistas e escritores para presentar e compartir as súas creacións

Visita de escolares acompañados por Cecilia Doporto á exposición Habelas Hainas.

Visita de escolares acompañados por Cecilia Doporto á exposición Habelas Hainas. / Bernabé

Cecilia Doporto

Remata o ano e facemos reconto do acontecido no eido cultural no Concello de Lalín, especialmente no Museo Ramón María Aller, adicado aos Fillos Ilustres: o científico Ramón María Aller Ulloa e o artista da xeración dos renovadores da plástica galega, Xosé Otero Abeledo “Laxeiro”.

Foron numerosos os actos celebrados neste emblemático edificio de finais do século XIX e que destaca especialmente porque o seu carón, no xardín da casa familiar, o científico Aller Ulloa construíu o primeiro observatorio privado de Galicia e puxo o nome de Lalín, a través das súas publicacións, no mapa do mundo e na bóveda celeste. O próximo ano, celebrarase o centenario da posta en marcha da observación científica na comunidade galega, desde Lalín, desde o observatorio privado de don Ramón.

Exposicións

Comenzou o ano 2023 coa exposición permanente de Laxeiro na primeira planta e, nas salas temporais, unha exposición de fotografía realizada por Xurxo Lobato, titulada: Acción Laxeiro, donde plasmaba a creación en directo dunha obra de arte, de gran formato, realizada polo pintor lalinense ante un numeroso público, no ano 1987, na Galería Trinta de Santiago de Compostela.

Como artista convidado para a celebración da Feira do Cocido, tivemos a sorte de contar coa exposición de Quintana Martelo, titulada Inside. Esta exposición recibiu numeroso público de toda Galicia (coleccionistas, galeristas, alumnos de facultades e colexios, excursións...), chegando a pasar máis de 3.000 persoas nos dous meses que durou esta mostra. Quintana Martelo é un consolidado pintor interdisciplinar que mostra a realidade que o rodea e impresiona, entre realidade e abstracción. Tamén celebramos o XXIII Cocido das Artes e o mesmo tempo o XIII EmporcARTE, exposición colectiva de cincuenta artistas chegados de varios puntos de Galicia e de outros lugares de España.

A Bienal Pintor Laxeiro é un referente desde o ano 1993. Nesta XVI edición, a comisaria Cecilia Doporto, realizou unha selección de artistas que naceran ou residiran no tramo da Vía da Prata ou Camiño Sanabrés, entre Ourense e Santiago de Compostela. Tivemos a sorte de contar con obras de artistas galegos, de temática moi variada e relacionada co Camiño (paisaxe galego, gastronomía, romeiros, santos, mitos...). Cada artista participou cunha obra e foron os seguintes: Lino Villafínez, Juán L. López García, Carlos Maside, Manuel Colmeiro, José Otero Abeledo “Laxeiro”, Enrique Vidal Abascal, L. Vázquez Trabazo, M. Prego de Oliver, Vidal Payo, Virxilio Fernández, Elena Colmeiro, Pilar Taboada, Xaime Quesada, Paco Lareo, Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Alfonso Sucasas, Gloria Alonso, José Luis de Dios, Manuel Quintana Martelo, Nicolás González Aller, Vidal Souto, Alexandro, María José Díaz, Ricardo Ferreiro, José Antonio Fondevila, Rafael Romero Masiá, Antón Lamazares, Antonio Taboada “Wily”, Guillermo Aymerich, Armindo Salgueiro, Misha Bies Golas, María Meijide, Noelia “A Ferreira” y Aitana Iglesias.

A Bienal coincidiu no tempo coa obra de Castelao grafista (Facsímile) nunha das salas. Ámbalas dúas exposicións foron enfocadas aos colexios da comarca, que pasaron a gozala en grupos de 25 alumnos, chegando a sumar 2.126 escolares.

Inauguración da Bienal Laxeiro.

Inauguración da Bienal Laxeiro. / Bernabé

Ás citadas exposicións seguiu a colectiva da III Algarabía, no mes de agosto. En setembro e outubro gozamos dunha mostra titulada: Habelas hainas, de catro artistas lalinenses: Aitana Iglesias, Noelia “A Ferreira”, Noa Blanco e Olalla Garra, que mostraron a continuidade da arte na comarca de Deza, como novos valores saídas da facultade de Belas Artes. En novembro e decembro puidemos admirar as catorce obras que Carmen Chacón presenta baixo o título: Sedimento, un relato de imaxinación útil, como inventora de sentimentos e pensamentos filosóficos, onde se aprecia a mística e a mitoloxía expresada a través das cores fiadas maxistralmente.

Outras actividades

O museo municipal, pola súa localización, é un lugar moi demandado para todo tipo de actividades, ente elas, as conferencias e presentacións de libros. Autores como Xoán Carlos G. Porral, Carlros Solla, Xosé Carlos Valle Pérez, Jesús Taboada Martínez, Roberto Mera Covas, María Pájaro, Lidia Mariño, Oscar Pazos Rodríguez e Mª Carmen Ruzo, entre outros, fixeron as presentacións dos libros na sala principal do museo coa asistencia de numeroso público.

O ciclo de conferencias sobre arqueoloxía organizado polo SED, tivo lugar entre os meses de febreiro, marzo e abril con charlas de Manuel Listón, Oscar Pazos Rodríguez, Calros Solla, Elena Taboada e Nerea Vilariño. Outro motivo de disertacións neste museo foi a celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos. Para a celebración deste acontecemento, o Concello de Lalín en colaboración co Museo do Pobo Galego, organizaron visitas ao observatorio de Lalín e conferencias sobre o científico Aller Ulloa, como socio colaborador, numerario e protector do citado Seminario, impartidas polo catedrático X. A. Docobo Durántez e por C. Doporto Regueira.