
Chegan os ‘Recortes’ ao Teatro Afundación coa última investigación de Nacho Carretero
O espectáculo está protagonizado por Xosé Touriñán e dirixido por Tito Asorey. Estará en Vigo o sábado 12 e domingo 13

Touriñán capitanea este elenco de primeira división. / Ainé Producións
C.M.
‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’. Así se chama esta mestura de teatro, música e fútbol para todos os públicos. Nesta fin de semana (12 e 13 de novembro), o Teatro Afundación acollerá a obra potagonizada por Xosé A. Touriñán e que xorde da última investigación de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol profesional.

Tras o éxito de Fariña, Recortes repite a xogada. / Ainé Producións
Este novo libro do xornalista coruñés aínda non está nas librarías, pero si nos escenarios, contando o máis descoñecido do deporte rei baixo a dirección de Tito Asorey. O encargado de adaptar os textos para o teatro foi José L. Prieto, con quen se completa o equipo que xa foi responsable do éxito de Fariña, o espectáculo teatral.
O elenco
Capitaneado por Touriñán, este equipo de primeira está conformado por Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta. Seis intérpretes, pero infinidade de personaxes: xogadores, adestradores, directivos, seareiros, xornalistas…
Este innovador espectáculo conxuga dous tipos de entretemento que semellan moi afastados entre sí, pero que atrae ao teatro a un novo perfil de público.
Con todo, dende Ainé Producións recordan que Recortes non é só para quen lle guste o fútbol profesional, senón que todo o mundo pode desfrutar das historias, da música, e das súas reflexións: sobre o mundo do fútbol profesional e sobre as pulsións humanas e sobre como somos como sociedade.
Esa producción estreada en setembro no Salón Teatro de Santiago, comeza a súa xira oficial por Galicia, clausurando coas localidades esgotadas a XXXI Edición do FIOT en Carballo.
Chega por fin a Vigo tras pasar por Ourense e antes de continuar por Pontevedra, Cangas, Vilagarcía… O calendario completo e a venda de entradas xa están dispoñibles na web principal do espectáculo e nas redes sociais de Ainé, onde podes seguir a actualidade deste e outros espectáculos teatrais.
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Bares de Vigo reclaman a los clientes que «no tomen solo café» para reservar mesas para ver fútbol
- Rescatan a dos tripulantes de un pesquero tras arder y hundirse en la costa de Muros
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia