festas do cristo o porriño

Setembro adicado ao Cristo, en Porriño

Con pregón da man do Teatro Fontevella, a localidade continúa cun mes de festas para estexar o Cristo da Agonía

A sorpresa chega co anuncio do concerto de Juan Magán

30 días de festas

30 días de festas / Cedida

O próximo día 21, as agardadas Festas do Cristo 2023 porán o broche ao mes de setembro, con 70 actos para celebrar con todo tipo de público: actividades, espectáculos, monólogos, animación polas rúas, concertos, deportes, verbenas... que se prolongarán ata o domingo 1 de outubro, pechando por todo o alto coa tradicional cita gastronómica da Festa dos Callos.

Unhas festas con identidade, cultura e tradición, valores que comparten e representan os pregoeiros deste ano, o elenco de Teatro Fontevella: "Para O Porriño será un verdadeiro honor velos no balcón do Concello dando o pistoletazo de saída aos nosos días grandes", apuntaba o rexidor, Alejandro Lorenzo, durante a presentación das Festas.

As festas do Cristo de O Porriño.

As festas do Cristo de O Porriño. / Cedida

Pregoeiros de excepción

A actriz Amparo Tellado, que acaba de cumprir 94 anos, será a encargada de dirixir o pregón. A artista, actriz galega de maior idade, planea un acto emotivo e que cautivará a todos os asistentes "igual que sucede cada vez que se sube a un escenario", apuntaba Lorenzo.

Estará acompañada polo resto de compoñentes de Teatro Fontevella: Adriano, Balbina, Susana, José, Enrique, Daniel, Lola, Valentina, Andrés e Chelo Pampillón, a directora do grupo.

Amparo sopra as velas no seu cumpleanos: a actriz galega máis lonxeva!

Amparo sopra as velas no seu cumpreanos: a actriz galega máis lonxeva! / Cedida

E é que este pregón cumpre a súa vez a función de aniversario, xa que a primeira vez que Teatro Fontevella subiu a un escenario foi fai 28 anos, tamén durante as Festas do Cristo, interpretando maxistralmente Os vellos non deben namorarse, de Castelao.

Un mes completo para festexar en O Porriño

Aínda que o programa oficial comeza o día 21, as actividades xa dominan os días na Vila do Louro, estendéndose durante todo o mes de setembro. Como cada ano, a música e o deporte terán un papel protagonista, ao igual que as actividades infantís.

Panorama , El Combo Dominicano, Grupo América, Girls Gang, Os CoriBantes e moitos máis poñerán a banda sonora a estas festas, sen esquecernos do Louro Valley Festival, cuxo cartel será presentado nos vindeiros días, o Negrita Music Festival, que traerá ao Porriño a Melendi, Rels B e Cali & el Dandee, entre outros, e o Montando Cristo Festival, que reunirá a Buxa, Hard Trip Castro e Los Escoltas/ The Brooke.

Melendi actuará no Negrita Music Festival de O Porriño.

Melendi actuará no Negrita Music Festival de O Porriño. / Casteleiro/Roller Agencia

A gran sorpresa: Juan Magán

Foi o anuncio estrela no Negrita Music Festival. O alcalde Alejandro Lorenzo, subido ao escenario, anunciou o concerto do DJ internacional o venres 22 de setembro, enmarcado no Festival Louro Valley. Será a partir das 22:30 horas, con entrada gratuita, no aparcamento da rúa Progreso

O cantante e DJ é a sorpresa da programación das Festas do Cristo.

O cantante e DJ é a sorpresa da programación das Festas do Cristo. / FARO

Máis actividades

Regresa tamén outro dos clásicos, o certame musical Tes Talento, e tamén o fai a Batalla de Galos.

O deporte, da man dos clubs deportivos do municipio, xogará de novo un papel fundamental nestas festas.

O broche final, como cada ano, o poñerá a Festa dos Callos que chega xa á súa 30 edición e o fará por todo o alto.

“Agardo que estas Festas do Cristo sexan do agrado dos vecinos e veciñas e de todas aquelas persoas que queiran visitarnos”, concluíu o rexedor que quixo trasladar o seu “agradecemento á hostalería e comercio local, asociacións e clubs deportivos do Porriño que nos axudan a dar forma a estes días para que todos podamos disfrútalos xuntos e seguir facendo do noso pobo un lugar de referencia”.