As agardadas Festas do Cristo de 2022 xa dominan o mes de setembro en Porriño. Dende o pasado xoves 1, a vila disfruta de actividades diarias de todo tipo, que mesturan clásicos destas festas con concertos musicais de pura actualidade e cinema na rúa.

Como apunta o alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, despois de dous anos marcados polas restriccións “merecemos aparcar por uns días os problemas e facelo xuntos, disfrutando nos nosos”.

Así, na presentación das Festas, acompañado polo concelleiro de Festexos Bienvenido Estévez e os edís Abel Estévez e Antía Carrera, destacou a oportunidade de festexar durante este mes “o afortunados que somos de formar parte de algo tan noso e auténtico do O Porriño”.

O cartel das Festas do Cristo de 2022 Cedida

Música, teatro e comedia

A proposta musical das Festas do Cristo é gratuita e para todos os gustos e públicos. Cada cita é imperdible, pero cabe destacar o concerto de Treixadura o xoves 22 da rúa Domingo Bueno, a participación de Coque Malla o venres 23 no exterior do pavillón municipal; o Concert Kids da cantante Gisela o sábado 24 ou a semana seguinte, o venres 30, a actuación das Tanxugueiras.

Se un é máis de orquestra e verbena que de concertos ao uso, tamén ten sitio para disfrutar, é que a París de Noia actuará xunto a América o domingo 25.

No caso dos espectáculos, non podemos esquecer as noites de humor coma a de Jazmín Abuín o pasado 11 de setembro ou as seguintes na lista coma Arantxa Treus o 17 e Pepo Suevos o 28. Para todos os públicos, haberá tamén espectáculos infantís coma o concerto de “Uxía Lambona e Banda Molona” ou “Petiscos de Lingua”, e cinema ao aire libre onde se proxectarán películas coma Space Jam e La Patrulla Canina.

Concerto de Luz Casal nas Festas do Cristo de 2014 ADRIAN IRAGO

Clásicos destas festas

Os pratos fortes do programa musical inclúen tamén a volta de eventos exitosos coma o concurso Tes talento? ou o festival de djs Louro Valley Festival, cun cartel aínda por revelar e previsto para o próximo venres 23.

E a nota gastronómica a pon a XXIX Edición da Festa dos Callos, con moitas sorpresas no seu regreso, e que o 2 de outubro poñerá o broche final a un mes completo adicado aos porriñeses e porriñesas.

"Uns veciños que traballaron e participaron para fomentar estas festas e convertilas no evento que son actualmente" apuntaba o alcalde durante a presentación, destacando ás asociacións veciñais e culturais, clubes deportivos e veciños "que desinteresadamente se esforzaron e implicaron para facer realidade a volta dun mes cheo de festexos".