Grupo Alcongal, a principal cooperativa galega de materiais de construcción, conta con asociados distribuidos por toda a comunidade autónoma, chegando ata Portugal e León. Otero Lalín forma parte desta cooperativa. Con sede no Polígono Industrial Lalín 2000, dispón dunhas amplas instalaciós desde as que poden ofrecer un excelente servizo ás esixencias da súa clientela. Fontanería, calefacción, ferretería ou materiais de construcción son os seus principais suministros. Contan ademáis cun amplo catálogo de estufas e produtos de calefacción, no que destacan os últimos modelos do mercado de sistemas de pellets, aínda que tamén traballan cos de leña. Otero Lalín dispón de todo o material de construcción necesario para levar a cabo unha reforma integral do fogar, e prestan servizo tanto a profesionais como a particulares. A maiores da exposición de sistemas de calefacción e materiais de construcción, teñen unha nave de 700 metros cadrados con todo o relacionado co mundo da ferretería.

Ofrecen servizo de reparto a domicilio para o cal contan cun camión grúa, algo que diferencia a Otero Lalín do resto dos seus competidores.