Silleda pode presumir de ser un dos concellos con máis festas gastronómicas, concentradas éstas principalmente nos meses de verán.

Se o pasado 8 de xullo, a capital trasdezá acollía a Festa do Lacón, esta fin de semana será a quenda da parroquia de Cortegada, que acolle a vixésima edición da sua cita gastronómica, a Festa da Paella. Será este sábado, 30 de xullo, na carpa instalada para a ocasión, e agárdase a chegada de dous milleiros de comensais. Sen tempo para facer a dixestión, a vindeira fin de semana tocaralle á Tortilla de Laro, e poucas semanas despois á Empanada da Bandeira, completando así o póker gastronómico do verán en Trasdeza.

Pero voltando a esta fin de semana, o menú da Paella estará composto de pan, viño, refrescos, queixo con marmelo, café e augardente, e por suposto, paella con cazola conmemorativa desta XX edición de agasallo, e terá un custe de 13 euros -inclúe tamén o sitio reservado con mesa e cadeira-. O prazo para retirar as invitacións finaliza hoxe, e están dispoñibles en Silleda nos establecementos Bodegón Os Toneles, Bodegón Esther, Agroservicios Alberto, Panadería Mella de Cortegada, e Carnicería Varela en Lalín. Ao rematar a cea, haberá verbena amenizada pola orquestra Tango e o grupo Fusión. Tamén está dispoñible o teléfono 686650371 para aclarar calquera dúbida, así como a súa web.

Silleda pode presumir de ser un dos concellos con máis festas gastronómicas BERNABE/ANA AGRA

Na xornada do domingo, e dentro do marco das festas patronais na honra de Santa María, celebrarase a misa solemne ás 13.00 horas, cantada polo coro de Cortegada, e sesión Vermú será amenizada polo grupo de gaitas O Son da Fervenza. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá festa infantil.

Dende a Asociación Socio Cultural de Cortegada, organizadores do evento, queren manifestar públicamente o agradecemento pola axuda recibida por parte dos patrocinadores do evento, e especialmente a chegada dende o Concello de Silleda