Se de algo pode presumir Pastelería Mimela é de elaborar doces únicos cos que conquistar aos padais máis esixentes. Referente do sector na localidade dende a súa apertura no ano 1985, Antonio Sanmartín continúa sorprendendo cada tempada á súa clientela con novidosas creacións que non deixan indiferente a ninguén.

"Ofrecen un enorme surtido de xeados elaborados de xeito artesán con sabores únicos
e exclusivos"

Ás súas tradicionais propostas por estas datas, como soen ser as tartas de froitas de tempada, doces e pasteis de todo tipo e as tellas de San Paio, entre outros, Pastelería Mimela aposta un ano máis polos xeados artesáns de sabores exclusivos. Ademáis, manteñen o formato do ano pasado, e ofertan xeados en tarro para levar. “Deste xeito aguanta máis, e a xente pode levalo para casa sen problema, xa que aguanta varias horas”. 

A mellor pasta de té de Galicia 2022. BERNABE

A mellor pasta de té de Galicia

No pasado mes de marzo, Pastelería Mimela recibía o premio á mellor pasta de té de Galicia, no marco do V Premio Dulcypas a la Mejor Pasta de Té Artesana de España. A proposta de Antonio foi unha pasta de mango Alphonso e vainela de Madagascar de Norohy, toffee de chocolate Dulcey, gianduja de noz de macadamia e sablé crocante de macadamias. O certame consistiu nunha cata a cegas na que participaron máis de 200 pastas chegadas de diferentes puntos da xeografía española.

Unha tableta de chocolate moi especial 

Unha das últimas creacións saídas do obrador de Pastelería Mimela é unha tableta de chocolate moi especial, que reproduce a silueta dun dos maiores atractivos turísticos de A Estrada, o Pazo de Oca. O ilustrador Xaquín Blanco Chao foi o encargado de inmortalizar a paisaxe que posteriormente se plasmou nun molde. “Para poder estar a altura deste pazo galego apostamos por unha sinfonía de nobres ingredientes: un encamisado moi fino de cobertura Caraibe, recheo de toffee cun toque salgado, unha ganache de avelás e finos anaquiños do noso follado de manteiga”. O resultado, un pedaciño de A Estrada nun delicioso bocado do mellor chocolate.