Transportes Unión Deza conta con profesionais que acumulan preto de 30 anos de experiencia no transporte, venda e distribución de gasóleo a domicilio, así como para automoción e agrícola. A firma ten a súa sede na Estrada, e caracterízase por un servizo áxil e responsable, sempre mantendo un trato cercano co cliente. A empresa distribúe gasóleo de primeiras calidades e chega á práctica totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña. Dende a xerencia aseguran que “a pesares da implantación das novas fontes de enerxía calorífica, o gasóleo segue a menter o pulso e é unha das alternativas máis empregadas sobre todo nos fogares do rural”. Coa baixada de temperaturas aumentan notablemente as encargas polo que aconsellan facer os pedidos con tempo.

Máis info: 670 715 706, transuniondeza@gmail.com