Con frecuencia nos atopamos con novas que informan sobre incendios nas cheminas de fogares e establecementos hosteleiros. A solución a estes problemas soe pasar por unha limpeza e posta a punto dos sistemas de extracción.

Con preto de vinte anos de experiencia limpando chemineas, tanto de leña, como de gasóleo ou pellets, e mesmo de carbón, Ramón Verde -responsable da firma LimpaChemineas Galicia- é unha das voces autorizadas para dar consellos sobre esta cuestión.

Experto en limpeza e desatascamento de conductos de ventilación, traballando tanto para a industria como para hoteis, panaderías, restaurantes ou vivendas familiares, Verde defende a importancia de manter limpas as chemineas por varios motivos, entre eles “pola seguridade do propio usuario, xa que se pode incendiar a cheminea internamente e provocar un incendio que afecte a toda a vivenda e que esta quede reducida a cascallos”.

Tamén aconsella, falando de leña, o emprego da de carballo en vez de pino ou eucalipto, xa que ambas as dúas teñen moita máis resina que remata por pegarse ás paredes da cheminea. Dende LimpaChemineas Galicia destacan a importancia de que cada ano se faga unha revisión, e se procede, unha limpeza das instalacións para evitar accidentes que, por desgracia, ano tras ano, se repiten coa chegada do inverno. Niños de paxaros, arañeiras, desprendemento de ladrillos... son algúns dos elementos que obstaculizan a saída de gases e fume e poden derivar en traxedia.

Máis info: 619 911 671/ limpachemineasdegalicia@gmail.com