Inaugurado no ano 1992, o IES Ribeira do Louro é un referente na área educativa e cultural de O Porriño. Está situado á beira do río que lle dá nome, na parroquia de Torneiros. É precisamente esta localización nas aforas da vila o que lle concede ese valor de pluralidade sobre o que se constrúe o seu proxecto educativo. O amplo abano de ensinanzas que se imparten, a flexibilidade horaria (diúrno e nocturno) e a inclusión dos diversos sectores sociais da bisbarra no proceso educativo son os seus principais compoñentes.

A destreza nas TIC e a habilidade para expresarse correctamente na lingua inglesa forman parte tamén dos obxectivos principais do centro, onde contan cos recursos necesarios, tanto materiais como humanos, para que os seus estudantes desenvolvan as habilidades requiridas. Deste xeito, O IES Ribeira do Louro destaca por ofertar un ensino de calidade e formar ó seu alumnado para a realidade empresarial.

Oferta educativa. (Ensinanzas impartidas)

-Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

-Bacharelato.

  • Ciencias e Tecnoloxía
  • Humanidades e Ciencias Sociais

-Formación Profesional.   https://www.edu.xunta.es/fp/

             #FPGalicia  

  • Formación Profesional Básica

-Servizos Comerciais.

-Electricidade e Electrónica.

  • Ciclo Medio de Instalación de Comunicacións
  • Ciclo Medio Plurilingüe de Xestión Administrativa.
  • Ciclo Superior Plurilingüe de Comercio Internacional.
  • Ciclo Superior Plurilingüe de Administración e Finanzas.

-Ensinanzas Básicas Iniciais para persoas adultas, en horario nocturno.

-Educación Secundaria para Adultos (ESA), en horario nocturno.

-Probas libres para a obtención do título de ESO destinadas a persoas adultas.

Aposta pola FP

O centro aposta polas vantaxes da FP para o seu alumnado:

  • É un tipo de formación que combina teoría e práctica (manexo de materiais e instrumentación).
  • Prácticas en empresas (experiencia laboral para o currículum, posibilidade de contratacións).
  • Hai moita oferta laboral para titulados de FP.
  • Se estudias FP podes acceder a moitas carreiras universitarias, e ademais xa tes un titulo asegurado.
  • Os ciclos formativos serven tamén para convalidar algunhas asignaturas da Universidade.
  • Podes traballar ao mesmo tempo que estudias FP (módulos soltos, horario nocturno)

Conferencia impartida por un experto sobre o curriculum no salón de actos do IES Ribeira do Louro. Cedida

Ciclo formativo superior de Comercio Internacional

Entre a súa oferta formativa, destaca a aposta polo comercio internacional: "Ten cada vez máis relevancia no mundo económico, abrindo novas posibilidades aos alumnos, ben sexa a través de Ciclos Formativos, Grado de Comercio ou diferentes tipos de master. Os coñecementos que permitan unha maior integración da actividade importadora-exportadora da empresa son cada vez máis demandados. Por iste motivo, é necesaria a interacción puntual con xente que se manexe dentro do ámbito empresarial para dar unha maior dose de realismo aos coñecementos, cando sexa posible", explican así desde o IES Ribeira do Louro.

Asimismo, poder participar en proxectos tipo Erasmus é, ademais dun elemento de estímulo para o alumno, unha gran aprendizaxe persoal.

Alumnos do IES Ribeira do Louro durante o seu Erasmus na Universidade de Economía en Elbasán, Albania. Cedida

Ciclo formativo de Electrónica

Ademais, o centro tamén imparte dous ciclos da Familia profesional Electricidade e Electrónica:

  • FP Básica en Electricidade e Electrónica.
  • Ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións.

A competencia xeral destes título consiste en montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións eléctricas e domóticas, coas ocupacións e postos de traballo tipo máis relevantes:

  • Técnico de ordenadores e equipos auxiliares. 
  • Montador reparador en instalacións de equipos de son.
  • Reparador de receptores de radio, TV e equipos afíns.
  • Instalador montador de equipos telefónicos e telemáticos.
  • Instalador reparador de instalación telefónicas.
  • Reparador de electrodomésticos.
  • Operario de instalacións eléctricas de baixa tensión.
  • Instalador de equipamentos e sistemas de comunicación.

O IES Ribeira do Louro aposta polas TIC. Cedida

Ciclos formativos medio de Xestión administrativa e superior de Administración e finanzas bilingües

Por último, os estudos da rama administrativa xogan un papel básico no ámbito produtivo xa que aportan ás empresas un capital humano ben formado e adaptado ao mundo empresarial. O Porriño ten un carácter principalmente industrial debido aos seus dous polígonos e por representar un importante nó loxístico, por este dobre motivo a oferta formativa do IES Ribeira do Louro nesta especialidade resulta moi interesante para lograr introducirse no mercado laboral.

O Ribeira do Louro é colaborador e promotor dende o ano 1996 de Proxectos Europeos. Cedida