A enorme variedade de produtos relacionados co sector da calefacción é tan ampla que debemos asesorarnos por profesionais de primeiro nivel, para así poder facer fronte ás nosas necesidades coas máximas garantías. Fontanería Ferga, en Lalín, asesora segundo as posibilidades de cada caso e empregando dende as novas tecnoloxías e enerxías renovables para mellorar o medio ambiente ata as opcións con enerxías tradicionais, tales como as caldeiras de gas ou gasóleo. Elaboran presupostos a medida sen compromiso, tanto para reformas como para obra nova. 

Fontanería Ferga, S.L. creouse no ano 2000, dedicada principalmente nos seus inicios, á instalación de calefacción e fontanería. Na actualidade ademais de instalacións de calefacción e fontanería, tamén se adican á climatización, gas, enerxía solar, xeotermia e biomasa (todas as enerxías renovables), contra incendios, aspiración centralizada, instalación de tanques de gas e gasóleo, mantementos... A empresa expandiuse grazas ao esforzo do seu equipo humano e á confianza dos seus clientes, e a súa filosofía baséase en ofrecer a mellor calidade e asesoramento técnico aos seus clientes e a través dos seus servizos, procuran a satisfacción de todos ofrecéndolles rapidez, fiabilidade e profesionalidade.

 

https://www.facebook.com/fontaneraferga

http://www.fontaneriaferga.com/

Máis info: Rúa do Río, 3, Lalín; 986781126