Con case dúas décadas de experiencia limpando chemineas, tanto de leña, como de gasóleo ou pellets, e mesmo de carbón, Ramón Verde -responsable da firma Limpa Chemineas Galicia- é unha das voces autorizadas para dar consellos sobre a importancia do mantemento e posta a punto destas instalacións para evitar problemáticas. Experto en limpeza e desatascamento de conductos de ventilación, traballando tanto para a industria como para hoteis, panaderías, restaurantes ou vivendas familiares, Verde defende a importancia de manter limpas as chemineas por varios motivos, entre eles "pola seguridade do propio usuario, xa que se pode incendiar a cheminea internamente e provocar un incendio que afecte a toda a vivenda e que esta quede reducida a cascallos. Mesmo houbo casos de mortes na comarca de Deza, ou intoxicacións, que se poderían ter evitado levando a cabo estas accións".

Por outra banda está a eficiencia enerxética, xa que o feito de manter esta vía de escape en bo estado, a cociña, por exemplo, vai aforrar combustible, xa que o rendemento e moi superior a cando as chemineas estan atascadas.

Este profesional tamén aconsella, falando de leña, o emprego da de carballo en vez de pino ou eucalipto, xa que ambas as dúas teñen moita máis resina que remata por pegarse ás paredes da cheminea.

Dende Limpa Chemineas Galicia aconsellan que cada ano se faga unha revisión, e se procede, unha limpeza das instalacións para evitar posibles accidentes que, por desgracia, ano tras ano, se repiten coa chegada do inverno. Niños de páxaros, arañeiras, desprendemento de ladrillos... son algúns dos elementos que obstaculizan a saída de gases e fume.

Máis info no teléfono 619 911 671

chemineasdegalicia@gmail.com