Cunha metodoloxía que combina o emprego de máquinas, útiles e produtos de alta tecnoloxía, coa organización de sistemas adecuados para conseguir resultados óptimos no seu servizo, Limpezas Castedo e Hijos conta cunha longa traxectoria no sector da limpeza, a desinfección e o mantemento. Empregan microfibras e produtos co certificado de etiqueta ecolóxica comunitario. O seu persoal conta con experiencia en todo tipo de limpezas de vivendas e edificios e está cualificado con CPL (Carné profesional de limpeza). Tamén son socios da Asociación Provincial de empresarios de limpeza de edificios e locais de Pontevedra (AELPO).