18 de junio de 2020
18.06.2020
Faro de Vigo
ESPECIAL DE ENSINO O MORRAZO 2020

A Paralaia estreáse en FP Dual cun ciclo de Automatización e Robótica

"Innovador, atractivo e cunha alta tasa de inserción laboral" -- "É a primeira vez que o ciclo se oferta na modalidade de FP Dual na provincia"

18.06.2020 | 20:15
O CS de Automoción e Robótica, unha aposta pola innovación e a inserción laboral coa que O IES A Paralaia estrea a súa oferta de FP Dual.

Coa innovación, a personalización do ensino e o plurilingüismo como grandes eidos da súa filosofía de traballo, o IES Plurilingüe A Paralaia, ubicado no lugar do Redondo de Moaña, reforza de cara ao curso 2020-2021 o seu compromiso coa Formación Profesional, con novas ensinanzas e modalidades, entre as que destaca a FP Dual.

Unha aposta que permite enriquecer o proceso de aprendidaxe do alumnado mediante a corresponsabilidade entre o centro de formación e a empresa, tal e como explica Álvaro Rodríguez, director do centro: "O máis interesante da FP Dual é a integración dos tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular, que é a específica do ciclo formativo; traballo na empresa e formación complementaria, específica para os procesos produtivos de dita empresa. Así, a novidade consiste en que os centros e as empresas comparten a responsabilidade para que as ensinanzas se adecúen ás necesidades do mercado".

Vantaxes que no IES concrétanse na implementacion do Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial, cunha duración de dous cursos escolares que abranguen a formación curricular (de setembro a marzo) e o traballo na empresa (de marzo a agosto). Trátanse de practicas de carácter remunerado para as que A Paralaia colaborará con importantes empresas do sector na provincia como Nodosa, Montega, Ingalsa ou Daser Automatismos.

Un ciclo, que se oferta por primeira vez na modalidade de FP dual na provincia, innovador e atractivo, na rampla de saída do que demanda o mercado e cunha alta tasa de inserción laboral tanto polo eido no que se insire como pola modalidade de ensino. A FP continúa crecendo: "Cada vez síntese máis a importancia da FP, as empresas non deixan de chamarnos para preguntarnos polo alumnado", explica así Rodríguez dende o centro, cunha oferta educativa que inclúe dous ciclos de Formación Profesional Básica (FPB) en Servizos Comerciais (Comercio e Márketing); e Instalacions Electrotécnicas e Mécanica (Electrónica e Electricidade). Imparte ademais dous ciclos medios nas familias de Fabricación Mecánica e Electrónica e Electricidade. Son o CM de Mecanizado e o CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas. Finalmente, o centro tamén ofrece a posibilidade de cursar o Ciclo Superior de Administración e Finanzas na modalidade presencial e en réxime ordinario, o que permite acadar o título en dous cursos.

O IES defende o enriquecemento internacional do alumnado de FP a través da participación no programa Erasmus+ así como o acompañamento e a personalización do ensino grazas ao labor do departamento de Orientación.

Plurilingüismo e excelencia

Xa dende fai anos, O IES Plurilingüe A Paralaia traballa pola potenciación das linguas extranxeiras entre o seu alumnado, cunha oferta de idiomas en inglés, francés e portugués en todos os niveis da ESO e Bacharelato. Conta ademais con programas de enriquecemento lingüistico e participa tamén en actividades de inmersión ao longo de todo ano. Na mesma liña e pola súa condición de centro plurilingüe, ofrece ao seu alumnado a participación gratuíta nas probas de certificación de idiomas do Trinity College para os niveis B1 e B2, no que o 75 % do alumnado matriculado logrou a súa certificacón neste último curso. Un centro pioneiro tamén na implantación do bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía, o STEMbach, no que o centro colabora coa facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo co obxectivo da aplicación práctica dos coñecementos científicos.

Vangarda e seguridade

O IES Plurilingüe A Paralaia destaca ademais por ser un centro á vangarda das ferramentas dixitais como aliadas do proceso de ensino. Proba disto foi a súa capacidade de resposta durante o confinamento imposto pola Covid-19, no que todas as ferramentas informáticas e tecnolóxicas funcionaron a pleno rendemento para manter a actividade lectiva pese ao peche das aulas. Unha crise sanitaria que deixa grandes desafíos ao sector educativo e fronte á que O IES xa ten adoptado todas as medidas de protección e hixiene necesarias para garantir a tranquilidade e a seguridade dos alumnos, as familias e o profesorado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook