Esquece unha pota ao lume nun piso da Praza da Torre de Lalín

Emerxencias en Lalín. |   // GES

Emerxencias en Lalín. | // GES

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Lalín recibiu onte ás 16.20 horas unha alerta do 112 por un incendio nun edificio da Praza da Torre, na capital dezá. O fume procedía dunha vivenda dun terceiro piso, debido a que o seu residente deixara unha pota ao lume e quedara durmido. O incidente non causou danos persoais, xa que o residente estaba ileso e tampouco foi preciso desaloxar o edificio. Ademais do GES de Lalín, tamén foron alertados a Policía Local e os Bombeiros do Deza.