Tres alumnas do IES Laxeiro, galardoadas no concurso Petiscos de Ciencia da USC

Alejandra Chamorro, Xiomara Silva e Nuria Castro recollerán o premio mañá en Lugo

As tres alumnas galardoadas.

As tres alumnas galardoadas. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Tres alumnas de 2º de Bacharelato do IES Laxeiro, de Lalín, lograron o segundo premio do concurso Petiscos de Ciencia, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da propia USC.

Alejandra Chamorro, Xiomara Silva Vázquez e Nuria Castro González desprazaranse mañá, mércores 21, á Facultade de Ciencias de Lugo para recoller o premio, un agasallo por valor de 100 euros. Irán acompañadas de Helena Pérez Álvarez, profesora de Física e Química, e María Begoña González Cuñarro, coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística.

Petiscos de ciencia é un concurso de vídeos sobre ciencia en galego que ten como obxectivo fundamental transmitir a idea de que o coñecemento científico é esencial para o desenvolvemento da humanidade, así como conectar coas novas xeracións este coñecemento e as institucións que o xeran, como as universidades.