“Descubrindo” incluirá 16 traballos de arte, historia, xeografía e comunicación

Agárdase poder facer a presentación do anuario a finais de decembro ou a comezos de xaneiro

Membros do Seminario de Estudos do Deza, durante a súa reunión.

Membros do Seminario de Estudos do Deza, durante a súa reunión. / Redacción

Redacción

O Seminario de Estudos de Deza (SED) mantivo unha reunión de traballo na tarde do pasado mércores, 31 de outubro, na súa sede sita no ático do Pazo de Liñares. Os seus integrantes acordaron de xeito unánime, tras recompilar os distintos traballos remitidos e facer unha primeira corrección e revisión dos mesmos, elixir os que formarán parte do Anuario Descubrindo nº 16.

Arte, arquitectura e patrimonio.

A inédita casa reitoral de San Miguel de Goiás (Lalín), de Daniel González Alén; As tres bolas de pan da Fonte de Lantana, de Lidia Mariño Ventoso; e Unha aproximación dende o Neolítico á Idade do Bronce a través de xacementos arqueolóxicos da comarca do Deza, de Israel Picón Platas.

Historia.

Memorando da construción da Igrexa dos Sagrados Corazóns de Agolada, de Manuel Busto Galego; Os Taboada de Golmar: xenealoxía xeral e apuntamentos familiares, de Miguel Cutrín Mosteiro; As escolas de Silleda na segunda metade do século XIX, de Ana Díaz Crespo e Diego Frade Amil; O Seminario de Estudos Galegos en Deza, de Cecilia Doporto Regueira e Antonio Vidal Neira; Apeo dos bens do mosteiro de Ansemil en 1576, de Daniel García Coego; Os muíños nas terras de Lalín nos anos centrais do século XVIII. Inventario dos relacionados no Catastro de Ensenada, de César Gómez Buxán; O antigo arciprestado de Camba. A visita de Bustos de la Torre no ano 1701, de Óscar González Murado; O ensino na comarca de Deza no século XVIII, de Juan López Bedoya e José Ramón Pérez Salgado; A vinculación de Francisco Vilariño García coa Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra: a ara romana de Moimenta e notas epigráficas en Deza, de José Ramón López Fernández; Documentación relativa ás terras de Camba no mosteiro de San Salvador de Asma (Chantada), de Luís Fernando Pérez Méndez; e Entre abellas, colmeas e alvarizas. A apicultura na Terra de Deza na Idade Moderna, de Hortensio Sobrado Correa.

Xeografía.

O abano pluvial de Pozo do Boi-A Veiga (Vilatuxe), de Antonio Presas García.

Comunicacións.

Un marido que deixa a muller e marcha da casa. Xaquín Lorenzo “Xocas”, de Cecilia Doporto Regueira e Antonio Vidal Neira.

En adiante comeza o traballo de maquetación e agárdase poder facer a presentación do Anuario Descubrindo nº 16 ou ben a finais de decembro ou a comezos de xaneiro.