A Feira Internacional de Galicia Abanca participa en Xantar para promocinar varios dos seus certames

Ricardo Durán, no stand da FIGA no salón Xantar, en Ourense.

Ricardo Durán, no stand da FIGA no salón Xantar, en Ourense.

A Feira Internacional de Galicia Abanca partiicipa desde este xoves e ata mañá domingo na 24ª Feira Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, no recinto Expourense- No seu stand, a entidade trasdezá dará a coñecer as próximas edicións do seu salón alimentario Salimat Abanca, así como a cita turística Turexpo Galicia, enmarcados na emblemática feira multisectorial Abanca Semana Verde de Galicia, que tamén se está publicitando nesta cita ourensá. A participación da Feira Internacional de Galicia (FIGA) en Xantar responde a un convenio de colaboración iniciado xa en 2017 e ratificado o ano pasado.