Zaragallada, fariña, lévedo, aceite e... auga

Casa Currás de Lalín gaña o concurso na categoría profesional e María José Gómez imponse na de afeccionados

Grupos de comensais nas mesas, á hora de xantar. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Grupos de comensais nas mesas, á hora de xantar. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

Una elaborada zaragallada, fariña, lévedo, aceite, sal e agua son os indredientes principais dunha empanada e disto saben moito na vila trasdezá da Bandeira, onde se homenaxea, desde hai 48 anos, a un dos pratos máis internacionais da cociña galega. Todos estes productos foron empregados polos cociñeiros que presentaron corenta empanadas ao concurso, tamén a agua, que no día de onte tamén caeu do ceo a caldeiros.

Empanada considerada a máis orixinal. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

A creatividade é un valor esencial. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

A organización tivo que improvisar con rapidez o traslado do evento, desde a Carballeira de Silva, a un terreo próximo onde se celebraron xoves e venres o festivais de música. Baixo a carpa, celebrouse o concurso, subasta e tamén o pregón que ofreceu a xornalista radiofónica viguesa María Lama.

A pregoeira, María Lama. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

A pregoeira, María Lama. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

A pregoeira, na súa intervención, reivindicou para a Empanada o recoñcemento como Fiesta de Interés Turístico Nacional e dixo: “estou segura que o fai conseguir”. “Recordade que amar é compartir, así que tedes que contarlle a toda a vosa xente o rica que estñá a empanada da Bandeira, o boa que é a xente da Bandeira e as ganas que chegue o ano que ven para unha nova edición da festa”, dixo. Puxo en valor o traballo da organización, con Andrés Seoane á fronte, é tamén a toda a mocidade desta localidade por implicarse na celebración desta festa gastronómica.

Empanada de mexillón sobre unha grúa. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Empanada de mexillón sobre unha grúa. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

A actriz Cristina Collazo e o xornalista radiofónico Pablo Chichas foron os encargados de conducir o certame e presentar aos protagonistas. “Tivemos que andar ás carreiras e ao final puidemos facer todo na carpa do concertos para non ter que cancelar, pero penso que mereceu a pena”, comentaba o presidente da asociación organizadora, Andrés Seoane, que calculab que entre a maña, a tarde, as ceas da noite e a verbena pasarían pola Bandeira sobre 10.000 persoas.

A creatividade é un valor fundamental. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Empanada que levou o premio á máis orixinal. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

Premios

No concurso participaron 18 propostas de afeccionados, unha ducia de profesionais e dez na sección infantil. O primeiro premio dentro dos cociñeiros que adican a este oficio foi para Casa Currás de Lalín (foi subastada en 1.300 euros) por unha empanada de grelos confitados, cacheira afumada, queixo de tetilla e con masa de ovo e trigo. Panadería Mazás (500 euros) foi segunda cunha peza de Carrilleiras de vaca da Bandeira ao viño de Oporto con cebola caramelizada. E o terceiro (400 euros) levouno Ecohotel Nós, cunha empanada de Carrilleiras de vaca trufada.

Lola Sangiao levou dous premios. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Lola Sangiao levou dous premios. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

La categoría de afeccionados os tres primeiros clasificados foron: María José Gómez (empanada de mexillóns con masa de millo e trigo), Lola Sangiao (bacallau con pasas) e Giovana Campos (atún). Pola primeira pagáronse 1.350 euros. E no concurso infantil a empanada máis valorada polo xurado foi a preparada por Carmen e Ricardo Fuerte, que optaron polos mexillóns para o recheo.

O xurado valora as empanadas.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O xurado valora as empanadas. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / alfonso loño

No certamen tamén se premiaron outros méritos gastronómicos á hora de preparar todas as empanadas que había onte na Bandeira e que chamaban a atención a veciños e visitantes. O premio á máis orixigal na categoría profesional levouno A Despensa Galega pola proposta Centola de Sálvora, mentras que a veciña da Bandeira Lola Sangiao recibíu outro galardón por presentar a empanada máis tradicional, feita con millo corvo e xouba rechea de xamón. Panadería Cervela, cunha empanada de bonito, cebola e pemento do país, levou o premio á mellor masa.

A festa non rematou co xantar nin coas concorridas ceas de carballeira –a media tarde deixou de chover– e logo das actuacións da orquestra América SL e de JB Son houbo verbena con Olympus e co pinchadiscos David Expósito. Hoxe, a troula cotinúa na Bandeira con música e actividades de rúa.