Tributo a Michael Jackson como peche ao verán de Vila de Cruces

redacción

A programación de verán deste ano de Vila de Cruces ofrece o próximo venres, día 14, ás 20:30 horas, unha función dos malabaristas Simplemente Enricco. O día 15, ás 20:0 horas, tocará o grupo Trobeiros da Ponte. O venres 21, ás 20:30 horas, terá lugar unha representación musical a cargo de Brais das Hortas e o día 22, ás 20:00 horas un concerto de Xuntounos Ela. O día 28, ás 20:30 horas, o Mago Paco realizará un espectáculo de maxia e o sábado 29, ás 20:00, Voces da Terra amenizara ao público cunha representación musical. Todas estas actuacións poderán desfrutarse na Praza da Igrexa.

O venres 4 de agosto terá lugar a actuación do grupo Broken Peach e o sábado 5 un tributo a Michael Jackson con “Michael Legend”. Ambas actuación serán na Praza do Concello ás 00:00 horas.