Media vida detrás da barra

A xubilación de Amparo Sixto leva ao peche ao Bar Moncho, de Carragoso, despois de 38 anos | O seu marido, José Ramón González, xa estaba retirado desde hai uns anos

Amparo Sixto diante da porta do bar Moncho. |

Amparo Sixto diante da porta do bar Moncho. | / anxo bentrón

Anxo Bentrón

Tras case 40 anos servindo aos laninenses, o Bar Moncho pecha definitivamente as súas portas. Coa xubilación o pasado 1 de xullo de Amparo Sixto aos 74 anos pechase un establecemento recoñecido na capital do Deza. Amparo era a dona do local xunto ao seu marido, José Ramón González, que xa leva uns anos xubilado, pero que seguía indo ata agora polo bar a visitar á súa muller mentres esta servía cafés, viños e moitas veces simplemente ofrecía compañía a quenes non tiña o mellor dos días.

Veciños da zona, o matrimonio abriu o establecemento no ano 1985, cando voltaron á súa terra natal despois de estar emigrados no estranxeiro como acontecía por entón cunha alta porcentaxe da poboación galega, especialmene en áreas rurais como o era Lalín. Ante a necesidade de facer algo tiveron que decidirse por abrir un negocio. A decisión foi abrir un bar, pero non un bar corriente. O bar Moncho naceu como un bar ultramarinos, dos que xa non quedan moitos na actualidade. Especialmente polas maiores dificultades ás que teñen que facer fronte este tipo de negocios. Ao inicio, o negocio funionaba moi ben, pero “coa chegada de tantos supermercados e cos coches que van de porta en porta foi como si nos fundiran”, explica. Facendo así que aínda que o bar traballou sempre ben, o paso do tempo e ese cambio nos hábitos da xente de depender máis dos supermercados afectoulles bastante no negocio.

José Ramón González con membros da comisión de Santa Marta de 2012, con motivo da homenaxe que lle rendiron ese ano pola festa da patroa da hostelería.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

José Ramón González con membros da comisión de Santa Marta de 2012, con motivo da homenaxe que lle rendiron ese ano pola festa da patroa da hostelería. / BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O feito de traballar nun bar non lle era algo alleo a José Ramón, xa que “eu fun taberneiro de toda a vida”. Os seus pais, Celso González e Sara Carballude, abriron o bar Galicia nos anos 40 en Lalín, un establecemento recoñecido na zona que estivo aberto hasta o ano 1972. E é que para José Ramón é como unha especie de tradición familiar dedicarse ao mundo da hostelería.

Unha tradición que lle gustaría que continuase coas novas xeracións, pero que non é así- “A miña filla é peluqueira e non quere saber nada deste tema”, di.

Aínda que como o propio José Ramón di agora nestes tempos igual é mellor non traballar na hostelería porque é bastante peor que antes e hai máis problemas. “Antes daba gusto traballar, pero agora non hai quen ature aos rapaces novos”, expresa José Ramón, que tamén engade que facerlle fronte a este comportamento e aturalo é especialmente difícil para as persoas maires.

O peche dunha etapa

Despois de 38 anos traballando sen moito descanso, agora José Ramón e Amparo buscan algo de repouso e de tranquuilidade . Aínda que de momento hai que ir pouco a pouco , xa que como di o antigo propietario do bar Moncho, “aínda hai mercancía no local que hai que mover, de vez en cando traballo na finca, hai que cuidar ao neto...”. Porque aínda que coa xubilación pecharon o bar, agora tocalles traballar doutro xeito.

Máis de media vida sendo donos dun bar dan para moitas situacións de todos os tipos, “moitas foron boas, pero tamén hai moitas malas”, explica o antigo dono do bar Moncho. Ata o punto de que con todas as anécdotas cos clientes e con todo o vivido daría para facer máis dun libro.

Suscríbete para seguir leyendo