O Noceda Rock reúne a oito grupos o 17 e 18 de xuño

Haberá bus de ida e volta dende a estatua de Loriga e zona gratis para acampada

Actuación da Banda da Loba nun festival na Estrada. |   // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Actuación da Banda da Loba nun festival na Estrada. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / salomé soutelo

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

A Carballeira de Lamas volverá acoller, o 17 e o 18 de xuño, un dos festivais máis consolidados do interior de Galicia, o Noceda Rock. A cita coa música comprometida coa cultura e o idioma galegos organizada pola Asociación Cutural Bolarqueira ten oito grupos invitados.

Programa do 17

Meu, o grupo dezao xurdido en 2017, abrirá o programa do 17 sobre as 20.45 horas, para deixarlles paso ás cinco componentes da Banda da Loba, ás 22.00 horas. A Banda da Loba naceu tamén en 2017, e desde entón xa leva publicado catro traballos discográficos, dos que o último, Xabón Lagarta, está inspirado nas lavandeiras. Antes de chegar á medianoite, tomará o relevo no escenario Tecor Societario, un grupo compostelano que mistura punk e folk, creando o seu estilo celtipunk e que, como as dúas formacións anteriores, tamén ten 6 anos de vida.

Pecharán xa de madrugada Arrhythmia e Liska!. Arrythmia, como conta a organización no perfil de Facebook do NocedaRock, creouse en Lugo en 2012 e combina metal, electrónica, rap e rock mentres que a viguesa Liska! leva faceno ska, punk e reggae dende 2010. Conta xa con tres traballos no mercado, o último saiu en 2020 co nome República 2.0.

Sesión vermú o 18

A xornada do domingo comeza pola mañá, ás 13.30 horas cos Bar Ban Sónicos, xurdidos en 2018 na Pobra do Caramiñal e cunha música que se inspira en clásicos do garaxe dos anos 60 e do punk rock. O público máis novo vai disfrutar de Pakolas, o personaxe de Paco Cedeira que combina rock, guitarrra e interacción co público infantil no seu espectáculo A Ramona pequena. Será a partir das 17.15 horas. Por último, Ith pechará o festival, sobre as 18.30 horas, interpretando temas coñecidos e algún que outro do seu novo traballo, Solsticios. É a formación máis veterana deste Noceda Rock, pois naceu en 1997, con membros de Xanceda, Mesía e arredores.

A entrada ao festival é de balde, como a zona de acampada. Hai un servizo de bus o día 17, con saída ás 19.45 horas xunto á estatua de Loriga, e regreso ao remate do festival. Están á venta camisolas deseñadas por Laura Romero, a 12 euros. Poden mercarse a través do perfil de Facebook, no stand o día do festival ou nestes locais: Panadería Casa Vales, Parrillada Airiños (ambas en Noceda) e Cervecería La Beltane (Lalín).

Suscríbete para seguir leyendo