Donramiro levanta o “Valado da vergoña”

Os nenos da escola reivindican o dereito a unha vida mellor mediante unha curiosa performance

Os nenos subidos na fonte, 
coa performance no balado 
patio.  | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Os nenos subidos na fonte, coa performance no balado patio. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Aínda que Terra era o título da composición musical coa que As Tanxugueiras participaron nun concurso estatal para representar a España no festival de Eurovisión, non hai fronteiras foi unha das frases máis repetidas por pequenos e maiores durante os meses nos que a canción permaneceu incrustada na mente da xente. O trío de pandereteiras reivindicaba con esa cantiga a conexión dos pobos nun mundo sen fronteiras, multicultural e menos globalizado.

Os nenos da Escola de Educación Infantil (EEI) de Donramiro, que dirixe Flora Mato, tomaron grande parte deste argumentario para montar unha performance que, baixo o título O Valado da vergoña, invita á reflexión sobre “a igualdade de oportunidades, a liberdade e o dereito de unha vida mellor e a prol dun mundo sen fronteiras”. Amosa persoas tratando de saltar un valado en busca dunhas condicións vitais más favorables. Na montaxe, participaron Aleixo, Alicia, Antón, Avril, Clara, Evan, Ivet, Manuel Adán, Manuel Diéguez, María, Mario, Mía, Noa Aller, Noa Vázquez, Úrsula e Uxía.