Garatuzas, o novo colectivo para a rapazada de Piloño
A asociación programa unha Festa do Neno e obradoiros de lectura ou de debuxo

Un obradoiro de Nadal, montado por Garatuzas. / SALOMÉ SOUTELO

Garatuzas significa aloumiños, mimos. É o nome que escolleu un grupo de pais e nais de Piloño para activar en novembro unha asociación social e cultural aberta a todas as familias desta parroquia cruceña, pero tamén ás que viven en aldeas veciñas.
Manter tradicións
A idea xurdiu “dun grupo de proxenitores que coincidiamos sempre no parque, e tiñamos gañas de facer actividades para chegar a máis nenos” explica a presidenta do colectivo, Alejandra López Verde. Xa teñen materializado algunhas ideas, como a visita de Papa Noel e obradoiros de Nadal. De cara ao ano que vén, está prevista unha Festa do Neno en verán, ademais dunha semana cultural ou obradoiros vinculados á lectura e ao debuxo. “E cada certo tempo, teremos un contacontos”, sinala.
A sede das súas propostas é un local cultural na parroquia, que tamén servirá para que sigan vivas tradicións como o magosto, os xogos populares, as foliadas ou o Entroido, que en Piloño conta co colectivo Vello dos Cornos para transmitirlle ás novas xeracións as particularidades desta celebración.
Garatuzas, ainda que existe a ANPA do Cerdeiriñas, tamén está pendente de melloras no colexio, demandada desde hai anos pola comunidade educativa. Ata agora, a Xunta cambiou xa as fiestras para mellorar o aillamento. Pero seguen as humidades, sobre todo no ximnasio. Meses atrás tamén houbo queixas polo mal estado do parque, que neste caso lle compete ao Concello. Houbo algunhas reparacións menores, como a instalación do vallado. Pero é preciso que se cambien os bancos, porque a madeira está podrá, e segar con máis frecuencia a herba.
Suscríbete para seguir leyendo
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
- La portavoz del PSOE de Mos, Victoria Alonso, renuncia a su acta de concejala
- La playa de arena negra más bonita de España está en Galicia: custodiada por un barco naufragado y en una aldea con solo dos habitantes
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Contactos entre las Fuerzas Armadas e ingenieros españoles especialistas en análisis de amenaza electrónica rusa
- El histórico pesquero «Capricorn» desvela su precio