Fusión de literatura e música no Concerto de Nadal da Banda de Vilatuxe

O espectáculo celébrase o día 25 e basearase na adaptación de Carlos Casares de “O Principiño”

Integrantes da organización, sostendo o cartel promocional do concerto.

Integrantes da organización, sostendo o cartel promocional do concerto. / Redacción

Redacción

O final de decembro faise notar na capitar dezana, son moitos os eventos que acontecen nesta última quincena do mes para despedir o ano e ambientar as rúas e as vilas con decoración, música e cultura. Nesta liña, moitas agrupación aproveitan para realizar actos a modo de celebración ou como peche de ciclo. Este é o caso de Banda de Música de Vilatuxe, coa chegada desta tempada festiva, celebra un ano máis a nova edición do seu xa tradicional Concerto de Nadal.

Esta é una data marcada no calendario de xeito especial por parte dos integrantes da formación, e que ademais este ano leva por título una das obras literarias máis representativas da literatura frances, traducida a númerosos idiomas ao alto e ancho do globo. Trátase de O Principiño.

Empregarán unha tradución do escritor e editor Carlos Casares, de cuxo falecemento se cumpren vinte anos, e ó que esta agrupación dezá lle quere facer unha pequena homenaxe mediante o uso da súa transcripción ao galego deste texto.

Para poder levar a cabo a esperada representación e o espectáculo que a agrupación levar organizando dende xa hai tempo, contarase coa colaboración de tres recoñecidos actores do audiovisual galego, como son Josito Porto, Sole Felloza e Cristina Collazo, os cales, xunto coa Banda de Música, serán os encargados de trasladar ó público esta fermosa historia filosófica sobre a amizade e a creatividade, entre outros valores.

A data do evento é o 25, e a organización agardará cos brazos abertos a todos aqueles que desexen acudir ao Lalín Arena, ás 20.00 horas, para desfrutar deste espectáculpa adaptado cargado de música, teatro e diversión.

As entradas para acudir ao concerto están dispoñibles dende o pasado luns 12 de decembro, pero poden reservarse chamando directamente ao seguinte número de contacto: 620934397.

Do mesmo xeito, para a recollida das mesmas, a Banda de Música de Vilatuxe habilitou distintos horarios na súa sede, o Auditorio Xosé Fernández “O Xastre”, porén estes centráronse na xornada de onte. Aqueles que todavía non as teñan poden achegarse ata o Lalín Arena nos seguintes horarios: xoves 22 e venres 23 de decembro, dende as 17.00 horas ata as 21.00 horas.

Deste xeito, o Lalín Arena convértese en centro da cultura acollendo este evento que fusiona a literatura, o teatro e a música, para que o público de todas as edades, dende os cativos aos máis maiores, poidan desfrutar así do espectáculo, pasando esta xornada festiva dun xeito diferente.