O San Benito mantén o fervor popular en Deza
Borraxeiros, Trasulfe, Xaxán, Prado ou Castro de Arriba tiveron celebracións con igrexas e capelas repletas malia o calor abafante

Saída da procesión da capela de Castro de Arriba / Alfonso Santomé/D.G.A.
Daniel González Alén
Logo de dous anos sen celebración o San Benito ou San Bieito, que dos dous xeitos se lle coñece en Galicia, non só mantén senón que incrementa o fervor popular nas parroquias e lugares de Deza, onde dende inmemorial ten tradicional devoción, coas igrexas e capelas repletas de ofrecidos e festeiros en tódalas misas e procesións, nas sesións vermú e aínda nas verbenas que tiveron lugar nunha xornada de calor abafante.
O luns 13, día propio da festividade, houbo celebracións en Borraxeiros, Trasulfe, Xaxán, Prado e Castro de Arriba e poida que na capela de Pinlle en terras de Brandariz ou nalgunha parroquia máis, onde ten imaxe pero xa non ten festa coma as da Xesta ou Camposancos.
En Borraxeiros, onde tamén tiveron a festa do patrón San Cristovo nas dúas xornadas da fin de semana, houbo misa solemne e procesión, na que o San Benito, saíu ca compaña da Virxe e do patrón, e unha cativa imaxe de madeira do santo milagreiro pola que poxan os ofrecidos para ser os portadores e despois sesión vermú e verbena co grupo Fusión e a orquestra Gran Parada.
Na capela do pazo de Trasulfe, en Fafián, vén tendo lugar unha das celebracións mais típicas da comarca. Os numerosos devotos asisten ás misas rezadas e cantadas, e logo á procesión pasando baixo as andas da imaxe do santo e despois, xa no interior da capela, o sacerdote Alvito García Fente imponlles a reliquia consistente nun anaco do manto do Santo e o sancristán pásalles a imaxe por riba da cabeza a un por un, rematando así a celebración relixiosa da que os devotos poden levar unha estampa, aceite bendicido ou deixar un cirio prendido ao santo, mentres comeza a festa profana con sesión vermú, xantar campestre e música, que nesta ocasión puxeron os do Trío Estilo, que tamén amenizaron a verbena nocturna.
Tamén na capela que o San Benito ten na parroquia lalinense de Xaxán houbo romaría con misas rezadas dende a primeira hora, a solemne coficiada polos sacerdotes Xosé Ramón Pena e Manuel González O Chocolateiro, este da familia propietaria da capela. Houbo procesión moi concorrida ao redor da igrexa co acompañamento dos gaiteiros Os Xuncos. Nas tres xornadas anteriores, tiveran festa dedicada ao San Cristovo, co-patrón da parroquia, que saíu en posesión coa Virxe do Corpiño, tamén festa dos conductores con bendición de vehículos, caravana pola antiga parroquia da Pena e verbenas amenizadas polas varias orquestras e charangas.
Tamén houbo celebración en Prado, con dúas misas oficiadas polo párroco de Lalín e a súa contorna, Marcos Torres, con procesión e poxa de galiñas, aínda que desta non houbo música.
En Castro de Arriba da parroquia de Vilatuxe, a capela non foi dabondo para acomodar aos moitos devotos que asistiron á misa oficiada polo sacerdote José Katanga, trala que saíu a procesión e despois a típica poxa de animais, carnes, ovos e plantas, que nesta ocasión se celebrou no novo campo da festa, unha carballeira veciñal arranxada polo Concello que, a petición dos veciños e nun acto fóra de protocolo, realizou o alcalde Crespo Iglesias, que xa portara unha anda do santo na procesión, cortando o cinto dun dos presentes que fixo as veces de cinta, entre as gargalladas dos presentes que non pararon de refrescarse na sesión vermú que amenizou o grupo de gaitas Repenicando, nunha calorosa e divertida xornada festeira.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»