Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Paula Ballesteros-Arias Doutora pola UPV en Patrimonio e Paisaxe

“A paisaxe agraria segue sen estar considerada como unha entidade cultural”

“Ainda conservamos espazos sen alterar, pese á eucaliptización, á transformacion urbana sen planificación ou aos parques eólicos”

Paula Ballesteros, durante a súa ponencia en Doade. | // BERNABÉ/J.L.

A investigadora Paula Ballesteros abriu onte o ciclo de conferencias do curso intensivo que acolle ata maña sábado o Museo Casa do Patrón, en Doade. A Fundación Juana de Vega é quen organiza este workshop internacional bautizado como Patrimonio rural e paisaxe.

–Vostede abordou a arqueoloxía e a etnografía como métodos para coñecer a orixe e a sostibilidade das paisaxes agrarias. ¿Cantas variedades de paisaxe temos en Galicia?

–Falei da paisaxe agraria tradicional, que a partir dos anos 60 se someteu a unha gran transformación. Hoxe ainda conservamos espazos sen alterar e iso pese á eucaliptización ou aos parques eólicos. Contemplando a paisaxe de hoxe en día, podemos ver cál é o seu espesor histórico. Para indagar nesa profundidade e ver os procesos de construcción usamos o método arqueolóxico, estudando a súa estratigrafía e vendo cómo se foron construindo os depósitos de terra ao longo do tempo, polo espesor dos bancais e das terrazas. O método arqueolóxico permítenos indagar na lectura vertical da paisaxe, e de forma paralela botamos man da compoñente etnográfica, falando coas comunidades de campesiños para saber cómo se cultiva, cómo se chaman as parcelas... Ao traballarmos con comunidades dotamos a investigación de sentido social, e a nós apórtanos coñecementos do seu pasado e da actualidade., e temos así unha paisaxe de ideas. A través da filtración radiocarbónica en arqueoloxía, por outra banda, puidemos ver que o cultivo en bancais data xa de entre os séculos V e X, da Alta Idade Media. Así que a terra que pisamos empezouse a traballar hai case máis dun milenio.

–¿O cultivo en bancais é propio da Ribeira Sacra?

–Non. O espazo galego é montañoso, así que hai que aterraplanar e buscar a horizontalidade. A nada que nos paremos a mirar, vemos que o noso redor está moi modificado. Nós fixemos un estudo no monte Gaiás, onde se ubica a Cidade da Cultura. Alí había unha paisaxe agraria en uso, puidemos abrir zanas e ver un caso do que obtivemos moita información.

"A terra que pisamos é un producto cultural de moitos séculos atrás"

decoration

–Agora que fala da Cidade da Cultura, trala pandemia medrou o interese polas rutas de sendeirismo, pero a paisaxe agraria aínda segue sendo unha descoñecida.

–Temos que aprender a percibir a paisaxe agraria. Ten elementos monumentais en terra e pedra, así que por qué non podemos aproveitar un método arqueolóxico?. O certo é que se lle segue negando valor, e deberíamos darllo, xa que tamén llelo damos a unha catedral ou ao patrimonio civil. Temos protección de castros e de mámoas, por exemplo, pero nada similar para a paisaxe agraria. É certo que no 2018 a Unesco escolleu os muros de pedra seca de España e doutros sete países como Patrimonio da Humanidade. Son pasos adiante, si, pero a paisaxe agraria segue sen estar considerada como unha entidade cultural, e insisto, a terra que pisamos é un producto cultural de moitos séculos atrás, por iso deberíamos terlle certo respecto e admiración.

–Mencionou que a paisaxe agraria sufriu desde os anos 60 un profundo cambio. ¿Qué lle afectou?

–Nesa época houbo un ‘desarrollismo’ tanto en Galicia como no resto de España, e produciuse un abandono das formas productivas máis tradicionais.Antano había unha sostibilidade, o val daba porque se fertilizaba co que se producía no entorno, por exemplo, e os campesiños permitian que esta terra seguise dando e producindo ao longo do tempo. Tralo desarrollismo, nos anos 80 a integración na UE provoca que se cambien os cultivos e que haxa unha integración nunha economía diferente. Así, prodúcese unha muda drástica na paisaxe agraria, co cambio de pastos, a eucaliptización, ou a transformación urbana sen ningunha planificación. Hai unha destrucción da continuidade da paisaxe que si se daba antes. E o problema é que na actualidade tampouco existen criterios de planificación urbanística que garantan esa continuidade. Pasa o mesmo cos parques eólicos.

–¿Considera que pode axudar o abandono da actividade agraria para conservar esa paisaxe e evitar, por exemplo, a entrada de grandes maquinarias ou a reordenacion parcelaria?

–Non, penso que hai que chegar a un equilibrio. A paisaxe agraria ten que seguir o seu ritmo e ser unha paisaxe viva, pero chegando a un equilibrio sostible. Non ten por qué ser incompatible o proceso contemporáneo actual cos anteriores. Penso que hai que empregar a paisaxe como sempre se usou, pero con criterios de xestión.

"A conservación da paisaxe agraria non é incompatible coa innovación"

decoration

–Nese sentido, si contribúen a agricultura e a gandería ecolóxicas, ¿non?

–Si, por suposto, pero por qué non innovar. Hai políticas moi agresivas coa paisaxe, e non se teñen en conta este tipo de valores. Eu insisto en que a conservación da paisaxe agraria non é incompatible coa innovación, e de paso creo que hai que pedir un respeto polas persoas que viven nesa paisaxe rural. Sobre o feito de conservarla, eu penso que musealizar a paisaxe agraria podería ter os seus perigos, porque entón teríamos que preguntarnose se se debe manter ou non só para os turistas. Reitero que hai que empregala, mantela viva, pero con criterios.

Compartir el artículo

stats